Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña licita por 6,1 millóns a adquisición do equipamento do estudo virtual da Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña licita por 6,1 millóns a adquisición do equipamento do estudo virtual da Cidade das TIC

S. P.
Publicado: 26/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

escenario_virtual_adiovisual_cidade_das_tic.jpgA Deputación da Coruña vén de licitar o equipamento tecnolóxico do estudo audiovisual virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI), emprazado na Cidade das TIC (o proxecto de conversión tecnolóxica da antiga Fábrica de Armas). Fíxoo cun orzamento de 6.118.970 euros, co-financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.
A licitación inclúe a adquisición, instalación e posta en funcionamento do equipamento audiovisual do centro de produción virtual VPxR, que segundo estipula a entidade provincial deberá cumprir cos estándares de calidade requiridos polos principais operadores do sector (Netflix, HBO Max, Movistar+, Amazon Prime Video, Disney+…) para producións cinematográficas e audiovisuais.
O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que Coruña Estudo Inmersivo (CEI) “contará coa tecnoloxía máis avanzada en produción audiovisual virtual e situará á provincia da Coruña como un polo de referencia neste eido, posicionándonos na vangarda internacional e mellorando a competitividade das empresas galegas do sector e de Galicia como localización de producións de cine, televisión ou videoxogos”
O fornecemento de material inclúe o sistemas de pantallas LED, cunha pantalla semicircular cun mínimo de 28 metros de longo e 6 de alto e resolución mínima de 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, coa que “se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade”, explicou a Deputación, engadindo que este sistema de pantallas permitirá recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual. Irá emprazado nun gran plató de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio.
A licitación inclúe a dotación de iluminación xeral e de reforzo, sistemas de cámaras e ópticas cos seus soportes e accesorios, sistema de tracking, sistema de escenografía virtual, xestión de media, infraestrutura de vídeo e rede de datos. Tamén se inclúe o sistema eléctrico e a dotación tecnolóxica das salas VFX e de posproducción. Todo o equipamento debe funcionar de forma integrada.
O prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas na licitación remata o vindeiro 26 de xuño e o prazo de entrega será de cen días a partir da formalización do contrato.
Ademais do equipamento, a Deputación xa completou a redacción do proxecto de construción do edificio que albergará o CEI nun edificio de nova construción localizado na Cidade das TIC da Coruña, cunha superficie en planta de 4.160 metros cadrados, dos cales 750 metros se reservan para albergar o escenario virtual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?