Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra fai avanzar a transformación TIC nos concellos de menos de 20.000 habitantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra fai avanzar a transformación TIC nos concellos de menos de 20.000 habitantes

S. P.
Publicado: 27/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_dixitalizacion_transformacion.jpgA Deputación de Pontevedra axudará aos concellos de menos 20.000 habitantes a avanzar na transformación dixital. Para este fin, habilitará preto de 600 equipos traballo ao abeiro do Plan de Recuperación. Cóntase cunha achega de 2,52 millóns de euros dos fondos NextGenerationEu.
Nos últimos días, a institución provincial comunicou a cada un dos 51 concellos que se adheriron a este proxecto as liñas e iniciativas que lles corresponde desenvolver, entre as que destaca o reparto de 582 equipos de traballo intelixentes para facilitar a mobilidade e a produtividade dos empregados e empregadas públicas, 477 deles estándar dotados con capacidades para o desenvolvemento das tarefas ofimáticas máis habituais, e os outros 105 avanzados, de maiores capacidades para o desenvolvemento de tarefas técnicas que requiran prestacións superiores, que se repartiron entre os concellos interesados de maneira equitativa segundo o número de habitantes.
Ademais, a entidade provincial impulsará outras catro liñas de transformación que chegarán aos concellos atendendo ás súas necesidades, solicitudes e grazas ao reparto equitativo das axudas. Desta maneira, a primeira das liñas consiste na posta en marcha dunha plataforma web/app de comunicación coa cidadanía e xestión de incidencias que chegará a 36 concellos da provincia para permitir que a cidadanía poida comunicar calquera incidencia aos seus concellos, e dun portal de transparencia para 22 concellos que lles permita cumprir coa Lei de Transparencia.
A segunda das liñas consistirá no desenvolvemento dun sistema de xestión de órganos colexiados (vídeo-actas) que se desenvolverá en 32 concellos.
O terceiro dos proxectos consiste na posta marcha dun cadro de mando de indicadores da Axenda Urbana e Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), que será unha plataforma de axendas municipais para visualizar, xestionar e analizar estes indicadores e os da Axenda Urbana Española (AUE) da provincia, e que chegará a 25 concellos diferentes.
Por último, levarase a cabo a incorporación á Carpeta Cidadá da Administración Xeral do Estado en 48 dos 51 concellos, o “que permitirá á cidadanía acceder de maneira autenticada á consulta dos seus expedientes de maneira e ter, así, unha visión centralizada e detallada da súa información”, explicaron fontes da Deputación, detallando dende a súa web as novidades que corresponden a cada concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?