Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CEL, Estudos Rafer e o Goberno presentan o programa de dixitalización empresarial DiGalicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CEL, Estudos Rafer e o Goberno presentan o programa de dixitalización empresarial DiGalicia

S. P.
Publicado: 27/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

programa_digalicia.jpgEste martes 27 de xuño celebrouse en Lugo a presentación do programa DiGalicia, que impulsan a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Estudos Rafer, co apoio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través do Plan de Recuperación. Trátase dunha iniciativa coa que se ofrece a empresarios, traballadores e despedidos formación gratuíta e axudas económicas para dixitalizar os seus negocios.
Na cita participaron a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o secretario da CEL, Jaime López, e o xerente de Estudos Rafer, Ramón Martínez. Acudiron representantes dunha trintena de empresas da contorna.
Rodríguez dixo que “o avance da tecnoloxía é imparable, polo que desde o sector público e privado debemos traballar da man para que as nosas empresas aproveiten as oportunidades dixitais, mellorando a súa competitividade e eficiencia, e potenciando a creación de emprego de calidade”.
Neste sentido, Isabel Rodríguez animou aos empresarios, traballadores e desempregados lucenses a que se beneficien desta iniciativa para implantar ferramentas tecnolóxicas que “axuden a poñer ben os piares das súas empresas e negocios, para poder crecer e transformalos en todos os seus ámbitos de forma que todos os departamentos poidan sacar partido desa dixitalización”.
E concluíu: “Espero que o DiGalicia sexa un verdadeiro revulsivo e sirva para consolidar a competitividade do tecido produtivo lucense, con capacidade de crecer e de facelo de maneira sostible e resiliente”.
O secretario da CEL destacou na súa intervención a vantaxe que supón para a provincia que unha empresa lucense lograse financiamento europeo para executar un programa destas características, e subliñou que é “unha oportunidade única para que as pemes de Galicia non perdan a senda da transformación dixital, un proceso imprescindible por canto permite automatizar tarefas e procesos, optimizar as operacións e mellorar a eficiencia na xestión de recursos e activos”.
Pola súa banda, Ramón Martínez detallou que a través de DiGalicia formarase a un total de 650 directivos e a 188 “axentes do cambio” ou dixitalización en empresas de entre 10 e 250 traballadores de toda Galicia. Informou de que o prazo de inscrición xa está aberto e que as prazas cubriranse por rigorosa orde de reserva, que pode formalizarse xa a través da web digalicia.es. Lembrou así mesmo a posibilidade de acceder a axudas de ata 20.000 euros para a contratación dos axentes de dixitalización formados.
Dúas fases
DiGalicia divídese en dúas fases, a primeira que deu inicio este martes e está dirixida sobre todo aos directivos e responsables de departamento de pemes; e a segundo, orientada a desempregados e traballadores que busquen formarse como expertos en dixitalización, os denominados “axentes do cambio”. O programa inclúe sesións virtuais, talleres personalizados nas empresas e material telemática, xunto a apoio e asesoramento para aplicar todos os coñecementos aprendidos sobre a dixitalización nos negocios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?