Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Trías de Bes fai un chamamento dende Santiago a retomarmos a senda da innovación logo da crise COVID
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Trías de Bes fai un chamamento dende Santiago a retomarmos a senda da innovación logo da crise COVID

S. P.
Publicado: 28/06/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

feuga_fernando_trias_de_bes.jpgFEUGA organizou este martes 27 de xuño un encontro con Fernando Trías de Bes, economista, experto en innovación. No acto tamén participaron representantes da Universidade e do mundo empresarial. Celebrouse na sede da Fundación baixo o epígrafe Xestionar e innovar en tempos de inflación. O relator fixo un chamamento a reactivar a maquinaria da creatividade empresarial logo do período de incerteza imposto polo coronavirus.
“Xa podemos volver innovar. Foron 3 anos nos que moitas organizacións desde a COVID pararon máquinas, frearon moitos proxectos e houbo un grao de incerteza moi alto. Eu creo que xa podemos pasar páxina. A incerteza segue, pero sempre foi así. A mensaxe é que as augas xa volven ao seu leito e, por tanto, poñamos en marcha a maquinaria de innovación”
Este é a mensaxe que o economista e experto en innovación, Fernando Trías de Bes, quixo lanzar na celebración do novo capítulo do ciclo Encontros con…, organizado por Fundación Empresa Universidade Galega. Un evento no que estiveron presentes, entre outros, o reitor da universidade de Santiago, Antonio López, o director xeneral de FEUGA, Javier Pereiro, e representantes do mundo universitario e empresarial de Galicia.
Durante a súa exposición Trías de Bes fixo un percorrido por 10 feitos aos que nos/nos enfrontamos desde o punto de vista económico e social e achegou outras tantas recomendacións para xestionar a innovación en cada un deles. Tras unha análise detallada da situación actual e as tendencias de futuro, Fernando Trías de Bes, apelou a superar o pesimismo alimentado polo “ruído” xerado ao longo de todo este tempo. “Había moito ruído e a inflación o ano pasado asustou moito, porque vimos unha subida de luz moi forte. Houbo un movemento de fenómenos sociais e magnitudes económicas que non se arranxa en 3 meses. Pero cómpre entender todo isto como unha resaca. so está xa regularizándose e por tanto son optimista. Imos contendo os prezos, a inflación vai ir decrecendo de xeito paulatino e a maioría dos indicadores macroeconómicos mantéñense. Isto é máis unha desaceleración ca unha recesión e o ano para España vai ser bastante bo”, destacou o economista durante a súa intervención en FEUGA.
Porén, Fernando Trías de Bes advertiu de dous “nuboeiros” aos que temos que facer fronte: acabar de dominar a inflación e os tipos de xuro. “Estamos nun momento bisagra”, asegura. O economista resaltou que a inflación non afectou por igual a todo o mundo e o realmente preocupante é a desigualdade que se xera, “porque hai xente que vai quedando atrás e isto non é gratuíto. Está a haber un empequenecemento da clase media e iso é tremendamente perigoso”. Neste sentido destacou o papel do Banco Central Europeo ao que denominou “os emperadores do século XXI”. Neste caso, engadiu, “o BCE está a soster a débeda pública de case todos os países de Europa para que o gasto social e os dereitos sociais de educación, de sanidade non estean en risco”. Na súa opinión é “o gran garante da socialdemocracia”, porque “a desigualdade trae a desestabilización social, trae os populismos e ao final o que está en risco é a democracia. Por eso o papel do BCE é fundamental, dixo.
feuga_javier_pereiro.jpg O encontro foi presentado polo director xeneral de FEUGA, Javier Pereiro, que abriu o acto destacando o compromiso da Fundación coa sociedade e que tras máis de 40 anos segue “inalterable”. Apelou á colaboración para facer fronte aos momentos de dificultade porque “só remando na mesma dirección conseguiremos seguir avanzando”. E engadiu: “Ese se cadra sexa un dos grandes valores que nos levou a estar máis de catro décadas traballando pola transferencia do coñecemento, polo emprego, pola innovación e pola investigación. Para iso contamos cun binomio cunha gran forza: o de universidade-empresa, que unifica o talento e o potencial para desenvolvelo e aproveitalo”, destacou.
Javier Pereiro resaltou tamén que “estamos nun momento cheo de incógnitas por despexar, pero tamén é verdade que sempre que hai dificultades hai oportunidades. E temos todo o necesario para aproveitalas: o talento, as ganas de emprender e unha aposta pola innovación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?