Os vehículos en cuestións coñécense como eBikes e en palabras de Primux “son bicicletas que empregan tecnoloxía de última xeración, cunha estrutura íntegra de fibra de carbono que facilita o seu uso, xunto a un deseño deportivo e vangardista que lembra ao dos coches futuristas”.
A tecnoloxía é “unha das pezas clave destas bicicletas”, engade a empresa galega, salientando que “teñen incorporado un cadro con funcións integradas de control por voz, GPS e desbloqueo por pegada dixital para facilitar tanto o seu traxecto como a súa seguridade”. Ademais, “presentan melloras no eido da conectividade, xa que permiten vincular facilmente un dispositivo intelixente a través de tarxeta eSIM, bluetooth e Wi-Fi; mantendo informado ao ciclista de datos esenciais como a velocidade, a potencia ou a batería restante”.
Outro dos puntos clave destas bicicletas eléctricas é que están fabricadas integramente con fibra de carbono, aumentando así a súa calidade e resistencia. É o caso da cadea, que presenta unha vida útil moito maior que a dunha cadea metálica. Dispoñen así mesmo dunha batería extraíble de ións de litio de 360 Wh coa que, cunha carga de 2,5 horas, se pode lograr unha autonomía de ata 130 km.
Ademais, as bicicletas intelixentes de Urtopia incorporan o sistema de seguridade ARES (Advanced Rear Early-indication System), no que se inclúen as luces de posición e luces de proxección. Desta maneira, o ciclista está visible en todo momento. A maiores, Urtopia conta cunha aplicación para Android e IOS que ten funcións como seguimento antirrobo, navegación, rexistros de viaxes e redes sociais, entre outras opcións.

