Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC e a Deputación de Lugo expuxeron o amplo abano de beneficios das TIC para as persoas maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC e a Deputación de Lugo expuxeron o amplo abano de beneficios das TIC para as persoas maiores

S. P.
Publicado: 30/06/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

usc_campus_de_lugo_xornadas_transferencia.jpgA Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolleu esta semana as xornadas de transferencia Xerontecnoloxía e Intelixencia Artificial. Aplicacións prácticas ao contexto do ámbito xerontolóxico rural e urbano. A través destes encontros, o Campus de Lugo quixo visualizar as actuais contribucións tecnolóxicas da USC para a mellora da calidade de vida das nosas persoas maiores. Por exemplo as propostas da investigadora da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e profesora do grao en Robótica, Sonia Valladares Rodríguez, que deu conta dalgunhas solucións creadas desde os dous campus composteláns con múltiples aplicacións para a asistencia xerontolóxica.
Valladares aproveitou o relatorio de apertura deste evento, organizado polo profesor da área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da USC con financiamento da Deputación Provincial de Lugo, para dar conta ante os preto de medio centenar de asistentes dunha solución tecnolóxica desenvolvida por ela mesma que consiste nunha sorte de robot capaz de realizar diversas probas analíticas, procesar datos e transmitir información detallada ao profesional médico. Esta aplicación, relatou, “ofrece múltiples utilidades, dado que favorecer a optimización de tempo e de procesos, ao tempo que permite analizar un amplo abano de parámetros diferentes”.
Outra das potenciais achegas tecnolóxicas para o ámbito da asistencia a persoas maiores xerminadas desde o grao en Robótica da USC é unha aplicación proposta nun TFG que conxuga tamén recursos de Intelixencia Artificial e que pode resultar de utilidade para favorecer a estimulación cognitiva e física para persoas afectadas por dano cerebral, sinalou Sonia Valladares.
As achegas tecnolóxicas trasladadas desde o ámbito universitario para mellorar a atención e os coidados das persoas maiores centraron a temática da primeira sesión dun foro que, segundo precisou o profesor Carlos Dosil, pretende tamén poñer en valor e favorecer o o coñecemento das distintas iniciativas postas en marcha ou en proceso de aplicación por parte do tecido empresarial e tamén das distintas administracións.
As xornadas contaron tamén coa intervención de distintos responsables da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e do SERGAS, que deron conta de diversas experiencias autonómicas de solucións tecnolóxicas e atención á dependencia. Neste senso, o médico do SERGAS Ismael Said, que coordina a sección de telemedicina da Sociedade Española de Medicina Interna, abordou na súa intervención neste curso algunhas das innovacións tecnolóxicas e dixitais aplicadas na telemedicina.
O xoves interviñeron nas xornadas Sergio Grandón, de Ibernet, cunha exposición sobre as tecnoloxías dos coidados e o desenvolvemento e integracións de solucións dixitais e tecnolóxicas para hospitais e residencias, e o fisioterapeuta Pablo Campo Prieto, abordando diferentes tecnoloxías de rehabilitación xeriátrica. O programa tamén incluíu a lección maxistral Benestar socio-emocional e novas tecnoloxías a cargo do presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Faílde Garrido.
Asemade, contouse coa visión da Deputación de Lugo, a través do deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen expuxo o modelo de residencias da institución provincial implantado en colaboración cos concellos. Na súa intervención, Rivera Capón destacou “as infinitas posibilidades que as novas tecnoloxías, a automatización e a intelixencia emocional abren no eido do benestar e dos coidados ós nosos maiores”. Sen embargo, recalcou que na súa aplicación, “é importante non confundir os medios e os fins”. “As novas tecnoloxías permiten albiscar solucións que estarían nas antípodas do que representan os nosos centros de maiores”. Referiuse o deputado á posibilidade de empregar a Intelixencia Artificial e os robots como substitutivos da compañía humana para persoas que viven soas: “Evidentemente, as nosas residencias de maiores parten do principio de paliar a soidade apostando polo contacto humano, non por substituír este cunha aplicación tecnolóxica”. Na actualidade, a Deputación conta con 9 centros de atención de maiores, situados nos concellos de Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suedaccion/arna e o recentemente posto en funcionamento en Ribas do Sil.
Salientou que “a institución ten implantado un modelo de xestión dos centros públicos, con atención personalizada, que favorece o benestar, a calidade de vida e a tranquilidade dos maiores e das súas familias, e que, ademais, ten un retorno económico importante na zona na que se implantan, pois crean emprego sustentable no rural e dinamizan a economía local, contribuíndo deste xeito a fixar poboación”.
E engadiu: “Rexeitamos o modelo imperante de grandes residencias de 100 ou máis prazas instaladas nos grandes centros de poboación. Entendemos que esta atención masificada non se corresponde co que precisan os maiores, e obrigalos a cambiar o seu entorno de residencia para recibir atención é un erro”, subliñou Rivera Capón.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?