Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cultura impulsa no Gaiás o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cultura impulsa no Gaiás o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia

S. P.
Publicado: 30/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

centro_de_artes_dixitais_de_galicia.jpgA Consellería de Cultura e Educación licitou o contrato para que Galicia conte co que sería o seu primeiro Centro de Artes Dixitais, que, en palabras deste departamento da Xunta, “será tamén un equipamento de referencia en España para este tipo de tecnoloxías”. A previsión é que os traballos comecen este outono co fin de que poida estar en marcha a finais do 2025. Estes e outros detalles sobre o proxecto foron achegados polo director xeral de Cultura do Goberno, Anxo M. Lorenzo, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez. Coincidiron en asegurar que este novo equipamento marcará “un salto extraordinario na modernización do sector cultural galego”.
O centro situarase nun espazo soterrado en desuso da Cidade da Cultura, unha superficie de 4.400 metros cadrados correspondentes ao que no seu día ían ser os aparcadoiros do Teatro da Música, un dos edificios non construídos do proxecto orixinal do Gaiás. “A apertura deste centro non supón, polo tanto, a construción dun novo edificio, senón a adaptación de sotos que xa existen e que non teñen uso”, subliñou o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
centro_de_artes_dixitais_de_galicia_2.jpg.jpg Nesta mesma idea abundou a directora da Cidade da Cultura, que fixo fincapé no aforro que supón situalo no Gaiás xa que, ademais de non ter que adquirirse un solar cos parámetros que se precisan para un centro destas características, aproveitaranse as redes tecnolóxicas, de enerxía e seguridade existentes no Gaiás, así como as sinerxías e conexións con outros servizos localizados na Cidade da Cultura, como a AMTEGA, o Polo GaiásTech ou o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) dependente do CSIC.
A oportunidade que ofrece a existencia deste emprazamento permitirá, polo tanto, que o orzamento de licitación sexa de 4,5 millóns (distribuídos en varias anualidades), importe que se rebaixará durante o proceso de competición pola adxudicación do contrato.
O futuro centro contará con tecnoloxía de última xeración para vivir experiencias inmersivas e de Realidade Virtual e Aumentada, así como zonas de videomapping para intervencións artísticas de gran formato, áreas de experimentación con laboratorios creativos e espazos para a formación da comunidade escolar e artística.
Lorenzo e Vázquez explicaron que o centro porase en marcha “coa vocación de converterse nun espazo de exhibición de referencia en España para acoller proxectos artísticos ambiciosos desenvolvidos a partir das artes dixitais”. Ao mesmo tempo, desenvolverá unha actividade como banco de experimentación onde as xeracións de creadores e creadoras galegas atopen recursos innovadores para levar a cabo a súa acción creativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?