Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As ferramentas tecnolóxicas da CEMMA-GTOA xa rexistraron 800 avistamentos e interaccións con candorcas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As ferramentas tecnolóxicas da CEMMA-GTOA xa rexistraron 800 avistamentos e interaccións con candorcas

S. P.
Publicado: 03/07/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

orca_candorca_cemma_interaccion-6.jpgA agrupación CEMMA-GTOA (Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños e Grupo de Traballo Orca Atlántica) fixeron balance da actividade xerada polas súas ferramentas tecnoloxías desenvolvidas e activadas para mellorar as seguridade de navegantes e candorcas nas súas posibles interaccións e previlas na medida do posible. Trátase de tres ferramentas fundamentais: web, aplicación móbil e catálogo de fotoID. A través delas contabilizáronse 800 rexistros de encontros con candorcas dende 2020.
800 rexistros
O Grupo de Traballo Orca Atlántica chegou estes días ao rexistro 800 de encontros (avistamentos e interaccións) con candorcas, dende a costa norteafricana ata a Bretaña francesa. dende o seu inicio das actividades no verán do 2020. Foron, explican dende o grupo, “tres anos de intenso traballo de recollida de datos dos navegantes”, realizado a través do programa de ciencia cidadá Friendship Orcas financiado pola Fundación Santander.
Dos 800 encontros, 251 son avistamentos, onde se observan as candorcas lonxe dos barcos, e 549 resultaron ser interaccións (é dicir: as candorcas responden á presenza dos barcos e achéganse), nas que as candorcas reaccionan ante a presenza de barcos que se aproximan. Nalgúns casos son interaccións sen contacto físico, noutros son interaccións con contacto físico e sen danos e noutros casos estes contactos físicos provocan danos que se fan graves, impedindo a navegación dos buques, isto acontece no 19,9% dos interaccións.
O GTOA explica que a frecuencia aumentou entre 2020 e 2021, desde que os eventos comezaron en xullo de 2020, pero entre 2021 e 2022 non houbo un aumento significativo. En 2023 rexistráronse 94 interaccións (25 delas con graves avarías que tiveron que ser remolcadas) e 43 avistamentos, especialmente na zona do Estreito e en Portugal.
cemma_semaforos-zonas-2023-07-03-v1.jpg A candorca
A candorca ibérica é unha subpoboación dunha especie en paso pola nosa costa dende tempo inmemorial, deste xeito ten varios nomes populares coñecidos: esparte, espolarte, espirlón e bighorna.
Dende o 2020 o comportamento das candorcas pasou de realizar interaccións baseadas na curiosidade a outras nas que mantén contacto físico coas embarcacións chegando a romper pezas como o leme.
A CEMMA participou dende o seu inicio no Grupo de Traballo Orca Atlántica-GTOA para buscar unha explicación a este comportamento.
Proxecto Friendship Ircas
Dende hai un ano estase levando a cabo este proxecto con financiamento da Fundación Santander mediante xeráronse diversos materiais educativos e divulgativos, entre os que destacan tres ferramentas fundamentais como apoio á prevención das interaccións: web, aplicación móbil e catálogo de FotoID.
A páxina web www.orcaiberica.org recolle moita información e resulta, en palabras da CEMMA, “unha boa plataforma de descarga de información para todo o mundo”, dado que se pode empregar en cinco idiomas (inglés, portugués, francés, español e galego), ao igual que o resto dos materiais que se ofrecen, “cunha vocación políglota para chegar ao máximo público posible”, engade a coordinadora galega.
Polo que respecta ao catálogo, recolle máis de 20 mil imaxes de 30 entidades e persoas diferentes o que permitiu identificar a 35 exemplares de candorcas entre as que se atopan as gladis que son as 15 candorcas que actualmente interactúan coas embarcacións.
orca_candorca_interaccion-9.jpg A aplicación móbil (GT Orcas en Google Play e Apple Store) e unha completa ferramenta, tamén nos cinco idiomas, na que ademais de contar con información básica para identificar aos cetáceos e as condicións ambientais da navegación, subminístranse mapas dos avistamentos e interaccións e mapas preditivos semafóricos, o que, segundo apunta a coordinadora “permite previr os encontros e tamén trasladar dun xeito áxil os datos de avistamentos e interaccións con calquera cetáceo”.
Estas ferramentas, engade a CEMMA, “abren amplas posibilidades na participación pública na conservación dunha especie que precisa atención”.
A plataforma tamén fai saber que a candorca é unha especie considerada vulnerable na lexislación española, mais a agrupación CEMMA-GTOA considera que “debería adecuarse a súa categoría de protección a una situación real e actualizada e pasar a ser especie en perigo crítico de extinción, tal e como a recoñece a IUCN e a normativa en Portugal”. E conclúen: “É necesario consensuar a nivel internacional categoría e accións que permitan una protección efectiva”.
Situación actual da candorca ibérica
Neste momento xa saíron da área do estreito de Gibraltar ao menos un grupo de candorcas e navegan polas augas de Portugal centro, entre 3 e 6 millas da costa, aínda que eventualmente achéganse á costa empuxando ao atún cara á costa dende augas máis profundas.
Nos anos 2015 e 2019 foron observadas polos equipos da CEMMA nas augas de Fisterra, non se descarta este ano manter o rexistro da especie no seu paso cara ao norte seguindo ao atún.
Tranquilidade aos navegantes
O GTOA pide “tranquilidade” aos navegantes, que se informen na situación a través da web e aplicación GT Orcas onde figuran os mapas de semáforos coas áreas de risco entre o estreito e Galicia para que poidan tomar decisións. “Sobre todo que traten de evitar esas áreas de risco pola noite”, sinalan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?