Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Femxa galardoada polo seu compromiso coa igualdade nos premios da Fundación Woman Forward
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Femxa galardoada polo seu compromiso coa igualdade nos premios da Fundación Woman Forward

S. P.
Publicado: 03/07/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

femxa_premio_igualdade.jpgO grupo galego Femxa, firma pioneira a nivel estatal en formación a través dos novos formatos e canles (elearning), vén de ser galardoado pola Fundación Woman Forward como mellor mediana empresa pola igualdade, no marco da I Clasificación de Empresas pola Igualdade, que ten o obxectivo de visualizar e reivindicar ás empresas españolas con mellores políticas neste ámbito, a través do compromiso das e dos seus CEO (directoras/os executivas/os).
A entrega do galardón levouse a cabo este venres 30 de xuño na sede da CEOE (Madrid) e contou coa participación de altos directivos e directivas das principais empresas e autoridades do mundo corporativo.
O acto estivo inaugurado por José Alberto González-Ruiz, secretario xeral de CEOE, quen salientou “a importancia de promover a diversidade e a inclusión para lograr un ambiente laboral xusto e igualitario” e Mirian Izquierdo, presidenta da Fundación Woman Forward, quen explicou que “esta clasificación visibiliza a CEOs e empresas que poden ser pancas do cambio e modelos a seguir por empresas menos convencidas sobre os beneficios da igualdade”.
Avaliáronse aspectos como a procura de persoal, a selección e o recrutamento, a promoción, a retribución salarial, a corresponsabilidade e as medidas de prevención e actuación ante situacións de acoso sexual, así como a porcentaxe de diversidade de xénero nos postos de máxima decisión. Os resultados obtidos teñen como obxectivo indicar as áreas que necesitan cambios e o que se pode facer para mellorar a xestión da igualdade nas organizacións.
Posteriormente desenvolveuse unha mesa redonda baixo o título Boas prácticas identificadas nas empresas pola igualdade, na que Femxa estivo presente a través da súa presidenta, Patricia García, xunto con María de La Paz Robina, directora xeral de Michelin España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?