Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emprendedores de Coworking Dixital CCompostela resolven con éxito tres retos empresariais para CLUN e Espina & Delfín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Emprendedores de Coworking Dixital CCompostela resolven con éxito tres retos empresariais para CLUN e Espina & Delfín

S. P.
Publicado: 03/07/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

camara_comercio_santiago_xornadas_innovacionabierta.jpgO programa de formación do Coworking Dixital CCompostela, financiado nun 80% polos fondos europeos FEDER que xestiona a Fundación INCYDE e nun 20% pola Deputación da Coruña, organizou as xornadas Innovación Aberta e Cocreación nas que 16 emprendedores, novas firmas innovadoras (startups) e pemes deseñaron solucións innovadoras a tres retos propostos polas empresas CLUN e Espina & Delfín, co obxectivo de resolver necesidades reais destas compañías.
Jessica Rey, directora de Mercadotecnia e Comunicación de CLUN lanzou como reto o deseño dunha estratexia innovadora para incrementar a visibilidade da marca CLESA na área de Madrid. Os participantes deseñaron unha estratexia sustentada na valorización das raíces da marca a través do deseño dunha nova iconografía, a personalización da embalaxe/presentación, a creación de personaxes e a mercadotecnia de influencers para aumentar a conexión cos consumidores.
Pola súa banda, Iago Isasi, enxeñeiro responsable de dixitalización de Espina & Delfín, presentou como reto a posibilidade de acceder a un repositorio na nube sen credenciais e desde dispositivos móbiles e resolveuse coa proposta dun sistema de ligazóns e códigos QR a información automatizada na nube.
O outro reto preguntaba como valorizar os fluxos de augas agresivas (que poden reaccionar con certos materiais e causar fisuras) en instalacións de depuración para xerar enerxía. Os participantes idearon un redeseño da planta para aproveitar un maior fluxo de auga e un sistema de tubaxes para xerar enerxía a través de turbinas, sen contacto coas augas corrosivas.
Próximas xornadas formativas
A formación do Coworking Dixital CCompostela continúa en xullo con catro xornadas online para as que permanece aberta a inscrición na web do centro.
A xornada CRM: A Ferramenta Clave para Impulsar as túas Vendas explorará os conceptos clave do CRM e como implementalo para optimizar as relacións empresariais e mellorar a satisfacción do cliente. A formación O Roadmap da transformación dixital abordará o emprego desta ferramenta como un punto de partida para que as empresas avancen na súa transformación dixital, identificando os seus puntos críticos e deseñando os pasos a seguir para pór en práctica a dixitalización nas distintas áreas dos seus negocios.
Na sesión Deseña a túa MPV (Produto Mínimo Viable) dixital con Agile as persoas participantes coñecerán en profundidade as metodoloxías áxiles. “Isto”, explican dende Coworking Dixital CCompostela, “axudará ás empresas a desenvolver produtos dixitais de maneira máis eficiente e respondendo de maneira rápida as necesidades dos usuarios, maximizando as posibilidades de éxito comercial”.
O programa completarase coa formación A Proposta de Valor no emprendimiento tecnolóxico-dixital enfocada a que un proxecto empresarial conecte co que realmente necesita o usuario, co apoio da tecnoloxía e a través da metodoloxía Design Thinking e a ferramenta gráfica Canvas.
O programa conta con expertos con ampla experiencia en cada área.
-Estela Lareo Fernández, profesional dedicada ao ámbito do CRM e as vendas. É directora executiva de Ideas Positivas Group, unha consultora tecnolóxica especializada na transformación empresarial. Conta cunha ampla traxectoria nos eidos da mercadotecnia, as vendas e a xestión comercial. Ocupou postos de dirección e consultoría en empresas como DIN – Documentación e Imaxe do Noroeste, EULEN Flexiplán e Ader Recursos Humanos.
-Pablo López, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña. Mestrado executivo en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas mestrado en asesoramento fiscal pola CEF. Certificado en coaching individual e de equipos coa International Coach Community. Durante máis de 10 anos creou e xestionou un grupo de empresas de consultoría con máis de 90 persoas.
-Jesús Tapia, profesional con ampla experiencia internacional na industria de servizos de mobilidade e nos ecosistemas de innovación e startups. Responsable de ISDI Accelerator e especialista na xestión da innovación, a análise de datos, as metodoloxías áxiles e o liderado de equipos. É mentor en Oxford Entrepreneurs e no programa de emprendedores da Universidade colombiana EAFIT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?