Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME pecha curso con catro novos obradoiros tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME pecha curso con catro novos obradoiros tecnolóxicos

S. P.
Publicado: 10/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-2-4.jpgO programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas da Deputación de Pontevedra pecha esta semana o curso 2022/2023 e faino con catro novas accións formativas. Estas actividades, impartidas de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade nos dispositivos móbiles, na creación dun plan de mercadotecnia dixital, no uso de LinkedIn de maneira empresarial e na fabricación dixital a través de Onshape. Os cursos e actividades formativas de SmartPEME retomaranse en setembro.
O luns 10 ás 10 horas celebrarase o primeiro dos obradoiros, titulado Ciberseguridade, dispositivos móbiles. Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, será o encargado de poñer en valor a importancia de protexer os dispositivos móbiles dada a relevancia que cobran na xestión dos negocios.
O martes 11 ás 11 horas dará comezo o taller de Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VIII – Proxecto final II. Esta actividade enmárcase nun itinerario formativo que remata nesta mesma xornada cunha parte teórica online e unha parte presencial con prácticas no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. Aquelas persoas que estiveron a participar no programa recibiron formación teórica en debuxo 3D con Onshape (16h), impresoras 3D de filamento (8h), impresoras 3D de resina e escáner 3D (2h), así como prácticas centradas no uso de impresoras 3D filamento (8 h), impresoras 3D resina (8 h) e escaneo 3D (4 h). Manuel Freire será novamente o docente encargado de impartir a formación.
O mércores 12, ás 12.00 h, desenvolverase unha acción formativa telemática centrada en Como usar LinkedIn para empresas e profesionais. Nela aprenderase a crear un perfil profesional e unha páxina de empresa optimizada, así como a potenciar unha marca na rede profesional, dende a introdución ata a promoción de produtos ou servizos. Este taller será impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e postgraduada en Comunicación Corporativa.
O xoves 13, Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, conducirá o taller O teu plan de márketing dixital, paso a paso”, onde explicará ás persoas asistentes en que consiste un plan de mercadotecnia a través das novas ferramentas de comunicación, os seus beneficios e como crealo paso a paso para evitar o fracaso dunha campaña dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?