Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Formoso di en Mundos Digitales que o CEI converterá a Galicia en referente nacional do novo audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Formoso di en Mundos Digitales que o CEI converterá a Galicia en referente nacional do novo audiovisual

S. P.
Publicado: 10/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_coruna_cidade_das_tic_escenario_virtual_formoso.jpgO presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou o pasado venres 7 de xullo o Congreso Internacional Mundos Digitales. O titular da entidade provincial aproveitou a súa visita para explicar os detalles da creación do CEI (Coruña Estudo Inmersivo), que é, nas súas palabras, “o maior estudo audiovisual virtual de España”. O CEI, lembrou, construirase na Cidade das TIC, a antiga Fábrica de Armas da Coruña agora en proceso de transformación cara a un complexo de coñecemento tecnolóxico avanzado de investigación e de impulso empresarial.
“O CEI”, engadiu, “será o punto de partida para a creación dunha infraestrutura única en España, un plató virtual dotado da tecnoloxía máis avanzada”, entre a que destaca unha pantalla LED xigante de máxima definición que permitirá mesturar personaxes virtuais e actores reais o recrear calquera localización durante unha rodaxe, cumprindo “os estándares de calidade” das principais operadoras do sector para producións cinematográficas e audiovisuais, como Netflix, HBO Max, Movistar Plus+, Amazon Prime ou Disney+.
Valentín González Formoso sinalou que a instalación tamén permitirá a produtoras españolas e estranxeiras aproveitar as vantaxes de aforro de custos e tempo que ofrece a produción virtual. “Posibilitará aforrar ata un 70% en custos de produción”, explicou o presidente, salientando o potencial do proxecto para consolidar a Galicia como polo audiovisual de referencia a nivel nacional e “como un territorio idóneo e competitivo para a localización de rodaxes e produción virtuais, como xa se vén constatando nestes últimos anos”.
O CEI situarase na Cidade das TIC, nun edificio de nova construción cunha superficie en planta de 4.160 metros cadrados, dos cales 750 metros van estar dedicados a acoller este estudo “de características únicas en España”, salientou o presidente, que explicou que nesta localización tamén se construirán instalacións para funcións auxiliares deste estudio: un espazo de case 200 metros cadrados para o acceso e as circulacións, camerinos, vestiarios, unha sala de maquillaxe e salón de peiteado, unha sala de figuración, tres salas polivalentes, dous de controis técnicos, despachos, salas de produción, unha zona de descanso e conciliación, unha sala de instalacións, e un almacén.
Cidade das TIC
Na súa intervención en Mundos Digitales, Valentín González Formoso lembrou a importancia de situar este estudo na Cidade das TIC. “Pretendemos que fomentar sinerxías co sector tecnolóxico das empresas que alí se instalen. As rodaxes virtuais son unha realidade cada vez máis estendida e que se está aplicando en todo tipo de producións audiovisuais”, sinalou, engadindo que a construción e posta en marcha deste complexo foi posible grazas a un investimento de máis de 8 millóns de euros co-financiados co Plan de Recuperación do Goberno de España, que se nutre dos Fondos Next Generation da Unión Europea, con fondos propios da Deputación da Coruña. “Este proxecto sen dúbida supoñerá o posicionamento estratéxico de Galicia dentro do marco do Plan España Hub Audiovisual impulsado pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais e a Spain Film Commission, xa que como unha das súas 3 liñas estratéxicas inclúese a contribución á transformación do sector audiovisual español”, explicou durante a súa intervención.
Respecto das posibilidades de emprego que abre este proxecto, lembrou que “este estudo sen dúbida servirá para poñer en práctica as ideas de numerosos creadores e creadoras de contidos virtuais e, a medio-longo prazo, confiamos en que isto se traduza en novos empregos vinculados ao sector audiovisual”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?