Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC comparte o palmarés do certame Explícoche Matemáticas 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC comparte o palmarés do certame Explícoche Matemáticas 2.0

S. P.
Publicado: 10/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_explicoche_matematicas.jpgA Universidade de Santiago compartiu finalmente o palmarés do concurso Explícoche Matemáticas 2.0. Carmen Castelo Monteagudo, Inés Prado Justo e Noa Salinas González do IES Isaac Díaz Pardo proclamáronse vencedoras do certame co vídeo titulado Cero e os infinitos. Titorizadas pola profesora Beatriz Máquez Villamarín, as estudantes recibirán un premio de 200 euros no marco deste certame que pretende “promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais”.
O segundo galardón, dotado con 100 euros, foi para Carla Dopazo Pavón e Santiago Vilas Subirán do IESP Eusebio da Guarda polo vídeo Teoría de grafos en 2 minutos. A titora foi Beatriz Sixto Rodríguez. Finalmente, o xurado decidiu outorgar dous terceiros premios, dotados de 50 euros cada un, a Rocío Rodicio González do Colexio Santa Teresa de Jesús (Ourense) e a Lucía Yáñez Carrasco, Mónica Diz Rodríguez e Mª José Dosil Villavicencio do IES Otero Pedrayo.
O vídeo de Rocío Rodicio, quen tivo como titor a Nuno Ferreira Doval, levaba por título Domingo Fontán; mentres que Teoría de grafos, titorizado por Rosa Mª Álvarez Nogueiras, é o título do traballo de Lucía Yáñez Carrasco, Mónica Diz Rodríguez e Mª José Dosil Villavicencio.
Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas e que xa vai pola súa undécima edición. Nas súas diferentes edicións participou tanto alumnado das universidades públicas de todo o Estado español (de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento) e tamén alumnado de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato dos centros de Educación Secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora (a partir da edición de 2023 o concurso centrouse neste último colectivo).
O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, vehiculados en galego e utilizando calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.
O xurado desta última edición estivo composto por Elena Vázquez Cendón (presidenta), Alberto Cabada Fernández, Rosa M. Crujeiras Casais, Miguel Domínguez Vázquez (secretario), Antonio García Rodicio, Francisco Morales Vidal, Tomás Otero Casal , Carmen Rodríguez Iglesias, Carmen Trillo Sendón, Artur Vázquez Rego, Manuel Bermúdez Blanco (representante do Servizo de Normalización Lingüística da USC), María Graciela Pérez Santalla (representante de profesorado de ensino medio), Brais Prieto Moure (con formación técnica en materiais audiovisuais) e Gemma López Sixto )gañadora de edicións anteriores).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?