Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Petíscame (USC) constata a eficacia do formato podcast para mellorar a experiencia educativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Petíscame (USC) constata a eficacia do formato podcast para mellorar a experiencia educativa

S. P.
Publicado: 10/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

petiscame_usc_podcast.jpgA profesora Rocío García Pedreira, docente da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo (USC) impulsou un proxecto que reivindica o formado podcast como ferramenta de gran utilidade e proxección para o ámbito educativo do ensino superior. Trátase do proxecto Petíscame. Videopodcast sobre libros e ilustración con creadoras galegas, experiencia educativa na que tomaron parte como protagonistas preto de medio centenar de estudantes que aspiran a ser docentes. Os resultados do proxecto foron finalmente “óptimos no plano educativo”, salientou García Pedreira, poñendo o foco “na mellora da atención por parte do alumnado e da súa motivación, así como na ampliación e na adaptación de contidos con ritmos máis dinámicos”.
A profesora tamén destaca outras vantaxes, como a súa capacidade para “rachar coa estrutura ríxida da docencia tradicional e par avanzar na innovación en estratexias e procesos educativos”, ao que se engade a aprendizaxe ou familiarización do uso de novas tecnoloxías, a mellora da comunicación e expresión oral, o desenvolemento de capacidade de traballo en equipo ou de habilidades sociais.
A ampliación das canles de comunicación, e en consecuencia a posibilidade de acadar unha interacción social maior e máis ampla, a promoción do coñecemento libre de forma sinxela e a demanda, así como a promoción de valores e liberdades constitúen, segundo comenta García Pedreira, “outras potencialidades que dispensa o formato podcast, un recurso novo e aliñado coa era dixital que tamén estimula a creatividade”.
Logo de varios meses de intenso traballo, García Pedreira fai un balance netamente positivo da primeira tempada de videopodcasts ao abeiro do proxecto Petíscando Libros e confía en dar continuidade á iniciativa, cuxa primeira edición tivo por obxectivo a produción dun videopodcast de divulgación en galego con perspectiva de xénero sobre o mundo dos libros e da ilustración a partir de entrevistas a creadoras.
Os distintos capítulos que compoñen este videopodcast foron deseñados e gravados integramente polo alumnado, que tamén participou nas labores de difusión e promoción dos 8 capítulos, que xa están accesibles en formato vídeo, na canle Petíscame Videpodcast-Youtube, e en audio, en Petíscame Videopodcast-Ivoxx.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?