Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar desprega 5G de 3.500 MHz en 86 concellos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar desprega 5G de 3.500 MHz en 86 concellos galegos

S. P.
Publicado: 12/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

movistar_5g.jpgMovistar acometeu esta tempada novos traballos de despregadura que se saldaron coa presenza da súa 5G, na banda de 3.500 Mhz, en 86 concellos de Galicia. Segundo explica a operadora, a alta frecuencia de 3.500 MHz permite ofrecer os servizos máis avanzados de 5G, cunha moi baixa latencia, descargas case instantáneas, streaming de máxima calidade, ultravelocidade de navegación a través da rede, posibilidade de xogar na nube sen interrupcións e, en xeral, “unha excepcional experiencia do usuario, vantaxes asociadas ao recente lanzamento de 5G desde Movistar”.
Ademais, a operadora explica que as modalidades de 5G sobre a banda de 3.500 Mhz permiten tamén retransmitir imaxes a alta velocidade en contornas de moita densidade de tráfico, como poden ser concertos ou eventos deportivos.
Por provincias, Movistar despregou esta banda en 37 concellos da Coruña, 13 de Lugo, 10 de Ourense e 26 de Pontevedra, e seguirá avanzando progresivamente no seu despregamento. Ao mesmo tempo, continúa traballando tamén na extensión de 5G na banda baixa de 700 MHz, que mantén algunhas das características do 5G, pero “sobre todo ten máis capacidade de penetración no interior das vivendas”, apuntaron fontes da operadora, engadindo que en Galicia xa forneceu de 5G en 700 MHz a 218 concellos.
En España, Movistar cobre xa coa banda de 3.500 MHz máis de 700 municipios, e prevé alcanzar o milleiro no segundo semestre deste ano. Respecto á banda de 700 MHz, na actualidade chega xa a 2.200 municipios. En conxunto, o 5G de Movistar abrangue xa a máis do 85% da poboación española. O 5G, que opera tanto sobre as bandas de 3.500 MHZ como de 700 MHz, non ten custo algún para os clientes de Movistar e a súa activación na terminal prodúcese de forma automática.
A operadora destacou tamén que todas as despregaduras de 5G están a desenvolverse tendo en conta os criterios de sustentabilidade ambiental. E engade: “A 5G consome un 90% menos de enerxía por unidade de tráfico (W/Mbps) có 4G, ademais de que se apoia no consumo de electricidade 100% renovable, aspecto que Telefónica España aplica a toda a súa rede desde o ano 2017, e ademais Movistar segue a traballar para que a rede sexa cada vez máis eficiente en termos de enerxía e carbono, co obxectivo de alcanzar emisións netas cero en 2040”.
Dende 2015 Movistar foi quen reducir un 96% as súas emisións operativas, un 12% o consumo enerxético (a pesar de que o tráfico de datos multiplicouse por 4,7 no mesmo período) e un 58% a súa pegada de carbono.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?