Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol amplía a súa oferta de mestrados cun título interuniversitario en Fabricación Aditiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol amplía a súa oferta de mestrados cun título interuniversitario en Fabricación Aditiva

S. P.
Publicado: 13/07/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

789459b5-fabricacion-aditiva-.jpgA Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acollerá, a partires do próximo mes de setembro, o mestrado universitario en Fabricación Aditiva, un título conxunto e presencial posto en marcha pola Universidade da Coruña (UDC), como entidade coordinadora, e máis pola Universidade de Vigo (UVigo). O mestrado, segundo informaron das súas universidades, terá un alto impacto sobre dous dos catro sectores tractores galegos, o da automoción e o naval, favorecendo tamén a incorporación da alta tecnoloxía en sectores emerxentes como poden ser o aeronáutico, a industria da saúde ou os novos materiais.
O máster universitario en Fabricación Aditiva está deseñado para formar a estudantes no eido das tecnoloxías de fabricación aditiva e ofrecerlles experiencia práctica no deseño, adaptación e construción de pezas ou produtos. Todo isto, permitirá aumentar a competitividade e impulsar a modernización da industria galega dando resposta ás demandas do sector e cubrindo a falta de formación específica que existe no Sistema Universitario Galego (SUG) no que atinxe a esta tecnoloxía.
O título, coordinado pola profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), María José Abad, oferta un total de 20 prazas, 10 por universidade, e impartirase na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e na Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) de Vigo. Para o acceso, terá prioridade o alumnado titulado en Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática, Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría Eléctrica, Química Industrial, Enxeñaría en Organización Industrial, Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, Enxeñaría Biomédica ou en Enxeñaría de Minas e Enerxía.
A fabricación aditiva, tamén coñecida como impresión 3D, é un proceso que se emprega para crear un obxecto físico (ou 3D) mediante a superposición de capas de material a partir dun modelo dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?