Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cooperativa xuvenil Moira, gañadora do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Marketing Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cooperativa xuvenil Moira, gañadora do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Marketing Dixital

S. P.
Publicado: 14/07/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20230714-o-pazo-de-goians-en-boiro-acolleu-a-entrega-de-premios-do-concurso-de-proxectos-cooperativistas-no-sector-do-marketing-dixital-impulsado-pola-deputacion-da-coruna-a-fundacion-paideia-768x512.jpgO Pazo de Goiáns, en Boiro, acolleu a entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Márketing Dixital impulsado pola Deputación da Coruña, a Fundación Paideia.
Ao acto asistiron Manuel Vázquez Sesmonde, xefe do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña; José Ramón Romero, alcalde de Boiro, Eva Curto Izquierdo, representante da Fundación EOI; Xacobe Galbán Hermo, socio da cooperativa Kracia; Isabel Pernas, socia da cooperativa Creativas Galegas; e Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, acudiron ao Pazo de Goiáns de Boiro para facer entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas.
Durante esta xornada e, con carácter previo á entrega do premio, celebración a presentación dos proxectos creados a raíz da acción formativa Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo.
Grazas a este programa formativo, mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego recibiron máis de 200 horas de formación impartidas por recoñecidos profesionais da mercadotecnia dixital e do traballo cooperativo, referentes tanto a nivel galego como nacional.
20230714-o-pazo-de-goians-en-boiro-acolleu-a-entrega-de-premios-do-concurso-de-proxectos-cooperativistas-no-sector-do-marketing-dixital-impulsado-pola-deputacion-da-coruna-a-fundacion-paideia-1-768x512.jpg As formacións grupais e as titorías desenvolvéronse durante os últimos meses nos concellos de Boiro, Noia e A Coruña e contaron co financiamento do Fondo Social Europeo. Ademais as persoas participantes contaron co asesoramento da consultora Ernst & Young para o desenvolvemento dos seus proxectos cooperativistas.
Nesta edición resultou gañadora a cooperativa xuvenil padronesa Moira, creada por 5 mozos e mozas con formación e habilidades complementarias. A misión desta cooperativa é “impulsar o crecemento e a visibilidade das marcas conscientes nos sectores do turismo, os produtores locais e os grupos de desenvolvemento local, a través de estratexias de mercadotecnia dixital”. Amais, procuran “deixar unha pegada positiva e tanxible na sociedade, convertendo o dixital en resultados concretos e significativos”.
O premio consiste en 60.000 euros para financiar a súa posta en marcha e o seu primeiro ano de actividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?