Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Movemento Maker espallarase co vindeiro curso nos barrios de Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Movemento Maker espallarase co vindeiro curso nos barrios de Compostela

S. P.
Publicado: 14/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

movemento_maker_santiago.jpgUn Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil percorre estes días Compostela para dar a coñecer o proxecto argalleiro, aberto e tecnolóxico Faino Ti. Trátase dunha iniciativa pioneira que se desenvolverá á volta do verán. O programa, impulsado desde a concellería de Promoción Económica, ten como obxectivo “achegar o movemento maker, as TIC e a ciencia ao conxunto da veciñanza”. A concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e o edil de Centros Socioculturais, Xan Duro, visitaron este venres 14 de xullo o Fab Lab Móbil, ao carón do CSC das Fontiñas.
María Rozas salientou que “esta iniciativa, vinculada ao programa EDUSI, fai unha clara aposta pola innovación, poñendo o foco en colectivos como o das persoas desempregadas ou os emprendedores, e por levar o coñecemento a todo o territorio de Compostela de maneira coordinada entre as concellerías de Promoción Económica e Centros Socioculturais””.
A rede de Centros Socioculturais será escenario, no próximo outono, do programa Faino Ti, que contará con tres actividades diferentes: un Fab Lab vinculado a unha Academia Maker Intensiva e a seminarios sobre tecnoloxías de fabricación dixital; unha Rede TIC2 de carácter interxeracional; e un programa divulgativo para o conxunto da poboación, e en particular para os centros educativos.
Academia Maker
academia_maker_santiago.jpg Un dos eixos centrais do Faino Ti será a Academia Maker intensiva, que contará con prazas limitadas e que estará dirixida principalmente a persoas emprendedoras ou en busca activa de emprego. As súas actividades desenvolveranse nos crentros socioculturais, e ao seu abeiro realizaranse tamén seminarios abertos a todos os públicos. Nestas aulas serán abordadas temáticas como o deseño, escaneado e impresión 3D, electrónica e programación ou deseño de máquinas. O proceso de inscrición para participar tanto na Academia como nos seminarios xa está aberto, a través da web compostelamaker.gal.
A Academia Maker intensiva completarase coa presenza nos barrios do Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil, que este 13 de xullo estivo xa na praza Roxa, este venres nas Fontiñas, e que o sábado poderá visitarse na Almáciga. Trátase dun vehículo equipado con impresoras 3D, escáner 3D, ou máquinas de corte láser, que será utilizado despois para poñer en práctica as aprendizaxes da Academia.
A segunda parte do proxecto ten que ver coa formación da poboación adulta en competencias TIC para o seu día a día, relacionadas con cuestións como a ciberseguridade, a Intelixencia Artificial ou a creación de contidos.
Unha terceira actuación enmarcada no proxecto Faino Ti permitirá divulgar os coñecementos da Academia Maker e da Rede TIC2 entre o conxunto da poboación, e en particular nos centros educativos. Trátase de formar tamén aos docentes en metodoloxías de innovación ou fabricación dixital.
O proxecto Faino Ti encádrase no programa Colabora e Innova no teu Barrio, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado-EDUSI Revive Santiago, financiada nun 80% polo Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2021. O orzamento do programa supera os 200.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?