Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Illas Atlánticas reivindican os seus tesouros nunha experiencia interactiva de realidade virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Illas Atlánticas reivindican os seus tesouros nunha experiencia interactiva de realidade virtual

S. P.
Publicado: 17/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230715-o-mar-en-360o-illas-atlanticas-724x1024.jpgA Xunta colabora nunha experiencia interactiva a través da cal os visitantes do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia poderán gozar este verán de paseos virtuais baixo o mar. Deste xeito, permitiráselles coñecer en profundidade a fauna e a flora que agochan os fondos deste espazo natural.
A actividade comezou esta fin de semana na illa de Sálvora (Ribeira), pero desenvolverase en distintas datas de xullo e agosto nos catro arquipélagos que integran o parque.
Concretamente, as persoas interesadas puideron gozar da experiencia O mar en 360º na illa de Sálvora esta fin de semana; en Ons do 20 ao 23 de xullo e do 17 ao 20 de agosto; en Cíes do 27 ao 30 de xullo e do 3 ao 6 de agosto; e en Cortegada do 26 ao 27 de agosto.
Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta, pero require de inscrición previa presencial o mesmo día da visita nas propias casetas informativas do Parque Nacional.
As sesións diúrnas están pensadas para grupos de catro persoas ás que se lles facilitarán gafas de Realidade Virtual ou tabletas para poder gozar dunha experiencia de inmersión sen necesidade de meterse na auga.
Ademais, o paseo virtual irá acompañado dos comentarios dunha especialista que axudará a interpretar en tempo real as imaxes e achegará información sobre a riqueza, a biodiversidade e as características dos fondos das Illas Atlánticas e a importancia da súa conservación.
Polo que respecta aos pases nocturnos, a dinámica será diferente xa que están pensados para proxectar nunha pantalla instalada no peirao de Rodas ou na propia praia, dependendo das condicións meteorolóxicas, imaxes submarinas captadas tanto en directo como en diferido.
A iniciativa, que recibiu unha das axudas da Xunta para actividades na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional financiadas con fondos Next Generation, está deseñada pola cooperativa galega 13 graos, especializada en educación ambiental para a divulgación do medio mariño e que se encargará de dirixir a actividade.
En canto ás visitas virtuais, serán posibles grazas ao uso de ROVS (drons submarinos controlados por operador) capaces de transmitir en tempo real as imaxes do fondo do mar que van captando ao longo do seu percorrido, polo que permite que calquera persoa poida achegarse desde terra firme e de forma minimamente invasiva ás paisaxes e á biodiversidade dos fondos mariños das Illas Atlánticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?