Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC impartirá o vindeiro curso mestrados en información cuántica e patrimonio cultural dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC impartirá o vindeiro curso mestrados en información cuántica e patrimonio cultural dixital

S. P.
Publicado: 17/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fic_coruna_entrada-4.jpgA Universidade da Coruña impartirá a partir de setembro catro novas titulacións oficiais de mestrado (máster). Trátase dos mestrados universitarios en Xestión Sustentable da Auga; Ciencia e Tecnoloxía da Información Cuántica; Patrimonio Cultural Dixital, e Fabricación Aditiva, que veñen sumarse a “unha ampla e variada oferta que supón un total de noventa e dous títulos, repartidos entre os dous campus universitarios”, segundo informou a UDC.
Na Coruña, a Facultade de Informática acollerá o Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía da Información Cuántica e o Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital, con oito e 12 prazas respectivamente; mentres que o Máster Universitario en Xestión Sustentable da Auga, con 10 prazas, será impartido na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Pola súa banda, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol será a sede do Máster Universitario en Fabricación Aditiva, que oferta 10 prazas.
Con estes catro novos títulos, a UDC supera as mil seiscentas prazas postas a disposición do alumnado que busca engadir aos seus estudos de grao unha formación avanzada, dirixida á especialización académica ou profesional. En concreto, 1.636 prazas que recibiron xa un total de 2.500 solicitudes no primeiro prazo ordinario de preinscrición, o que inclúe as solicitudes do alumnado con títulos universitarios de sistemas educativos do Espazo Europeo de Educación Superior ou homologados ou declarados equivalentes.
O Máster Universitario en Xestión Sustentable da Auga está dirixido principalmente a profesionais do eido da xestión da auga e a titulados/as da rama de enxeñaría e de ciencias que queiran desenvolverse laboralmente neste campo.
No Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía da Información Cuántica o perfil de ingreso recomendado é o de titulados universitarios no eido das ciencias (principalmente Física pero tamén Química, Matemáticas, Nanociencia e Nanotecnoloxía e outras titulacións relacionadas) e da enxeñaría (principalmente Enxeñaría Informática e Enxeñaría de Telecomunicacións, pero tamén Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Aeroespacial, Enxeñaría Física e outras titulacións relacionadas), Nun sentido máis concreto, son precisos coñecementos no eido das Matemáticas (álxebra lineal, análise, probabilidade) e aconsellables en programación básica.
O Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital terá prioridade de acceso para graduados das áreas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Experimentais, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura, incluídos aqueles con títulos con denominacións equivalentes ou alternativas ás que compoñen estas áreas. Tamén poderán ser admitidos estudantes procedentes doutros títulos universitarios sempre e cando o perfil do seu currículum acredite os coñecementos mínimos para cursar os estudos do mestrado.
No Máster Universitario en Fabricación Aditiva as persoas que queiran ser admitidas deberán estar preferentemente en posesión dun grao do eido industrial (graos en Enxeñaría Mecánica, en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática, en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, en Enxeñaría Eléctrica, en Enxeñaría de Química Industrial, en Enxeñaría da Organización Industrial, de Enxeñaría en Deseño Industrial e desenvolvemento de produto, en Enxeñaría Biomédica e en Enxeñaría de Minas e Enerxía.
A relación dos mestrados da UDC figura pormenorizada na web da UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?