Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto da UVigo avaliará os beneficios da realidade virtual a pacientes con párkinson
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un proxecto da UVigo avaliará os beneficios da realidade virtual a pacientes con párkinson

S. P.
Publicado: 17/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_parkinson_pointramural2.jpgO grupo de investigación HealthyFit (UVigo) levou a cabo nos últimos meses un estudo dirixido a coñecer a viabilidade e os posibles beneficios dun programa de exercicio cun cicloergómetro intelixente para persoas con párkinson. No programa combínase a actividade física con tarefas de estimulación estimulación cognitiva e Realidade Virtual. O grupo está a ser coordinado polo catedrático da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte José María Cancela. O proxecto conta con financiamento do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS).
Ten como obxectivo concreto avaliar tanto a viabilidade e seguridade como as posibles melloras que podería xerar nas persoas con párkinson un programa baseado na combinación da Realidade Virtual inmersiva co pedaleo a alta intensidade nun cicloergómetro intelixente MotoMed.
Seleccionado na convocatoria intramural de axudas á investigación biomédica do IISGS, no proxecto Efecto do pedaleo a alta intensidade executado nunha contorna de Realidade Virtual inmersiva na enfermidade do párkinson (ReViPark) participan, xunto a Cancela, os investigadores do grupo HealthyFit Iria Cabo, Pablo Campo e Helena Vila. Así mesmo, conta tamén coa participación do investigador do grupo de Neurociencia Traslacional do IISGS Carlos Spuch e da tamén catedrática da facultade pontevedresa Margarita Pino, do grupo Gies-10, integrado tamén, ao igual que HealthyFit, no Instituto de Investigación Sanitaria.
A investigación combina o traballo cun modelo de MotoMed específico para Párkinson (que permite alcanzar as 90 revolucións por minuto) co uso de exergames, xogos baseados no movemento, nun Head-Mounted-Display, un dispositivo comercial de Realidade Virtual inmersiva. Partindo dunha selección realizada polo grupo daqueles xogos “que mellor se adaptan á patoloxía”, o proxecto baséase nun protocolo de actividade física no que “o cicloergómetro está conectado ás lentes de realidade virtual”, que sitúan os pacientes “nunha contorna de exercicio físico”. De feito, as e os participantes realizarán un traballo de actividade física mentres “pedalean polas rúas de París”, por un bosque ou por unha praia, nunha actividade que, coa idea de “que sexa o máis real posible”, fará que o cicloergómetro “ofreza unha maior resistencia” cando se atopen subindo unha costa nesta contorna virtual.
A hipótese do estudo é que “o uso de programas de exercicio físico de alta intensidade desenvolvidos en cicloergómetros e aplicados en contornas virtuais totalmente inmersivas teñen unha influencia máis efectiva na mellora da sintomatoloxía e na ralentización da progresión da enfermidade”, que aqueles que empregan unicamente este tipo de dispositivos para a realización de actividade física.
A investigación levarase a cabo, como explica Cancela, “con dous grupos, un experimental e outro de control”. Ambos realizarán ao longo de seis meses o mesmo programa de exercicio con MotoMed, no primeiro caso, combinándoo coa Realidade Virtual e no segundo sen esta. A investigación, como sinala o coordinador do grupo HealthyFit, lévase a cabo “coa colaboración das asociacións de párkinson da provincia”, nas súas sedes, e consistirá en sesións de traballo de 25 minutos, nas que os pacientes manterán unha cadencia de pedaleo de entre 80 e 90 revolucións por minuto.
Está previsto que neste estudo participen 44 pacientes de párkinson, nun estadio “pouco evolucionado” da patoloxía, que se someterán ao inicio e o remate do programa a unha serie de avaliacións dirixidas a coñecer unha serie de “aspectos funcionais e de calidade de vida”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?