Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia demanda uns 1.300 profesionais dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia demanda uns 1.300 profesionais dixitais

S. P.
Publicado: 18/07/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

computador_p3c90-3defa-3.jpgEstes días presentouse o Mapa de Emprego de Fundación Telefónica e nel reflíctese a imparable dixitalización da sociedade e da economía e a importante influencia que este proceso exerce no mercado laboral das nosas catro provinciais. No caso da Coruña, hai 641 empregos dixitais sen cubrir, segundo o Mapa de Emprego de Fundación Telefónica. En Pontevedra rexistráronse máis de 470, en Ourense 90 e en Lugo 94.
O Mapa de Emprego baséase en tecnoloxías de análise da información a gran escala (Big Data) e en mecanismos de Intelixencia artificial (IA). Analiza as ofertas de emprego publicadas nos últimos tres meses nos portais Infojobs, Tecnoempleo e Ticjob, identificando e mostrando de maneira visual e interactiva esta información para debuxar unha fotografía da situación actual dos perfís e habilidades dixitais máis demandados por parte das empresas.
Por tipo de ofertas, na provincia da Coruña estanse buscando, entre outros, 139 profesionais técnicos TIC, 98 xestores de proxectos, 68 administradores de sistemas e 59 desenvolvedores de software.
O Mapa de Emprego reflicte como dixemos que no conxunto de Galicia hai 1.296 postos vacantes, o que a sitúa no grupo das comunidades autónomas con máis demanda de empregos dixitais, xusto por detrás de Madrid, Catalunya, Andalucía, Valencia e Euskadi. Por habilidades, no conxunto de Galicia a maior demanda é de profesionais técnicos TIC (287), responsables de proxectos dixitais (170) e administradores de sistemas (113).
O Mapa de Emprego, que para a clasificación dos postos ofertados utiliza a clasificación ESCO (Clasificación Europea de Capacidades, Competencias, Cualificacións e Ocupacións), pon de relevo o efecto que está a ter no mercado laboral a acelerada transformación tecnolóxica da economía, e a oportunidade que supoñen esas ofertas non só para os profesionais senón tamén para moitas persoas que estean dispostas a reorientar a súa vida laboral. “En España, a demanda de emprego TIC supón o 4,1% do conxunto das ofertas, unha porcentaxe lixeiramente inferior ao 4,5% da UE”, explícase no informe da Fundación Telefónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?