Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: INECO asenta en Lugo o seu primeiro centro de produción remoto no ámbito estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

INECO asenta en Lugo o seu primeiro centro de produción remoto no ámbito estatal

S. P.
Publicado: 18/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_lugo_170723_imaxe_da_visita_esta_mana_a_ineco_i.jpgO primeiro centro remoto de produción de INECO en España xa está operativo en Lugo. A alcaldesa Lara Méndez visitou este luns 17 de xullo as instalacións da consultora pertencente ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana acompañada do seu presidente o tamén lucense Sergio Vázquez Torrón.
A empresa de enxeñaría conta con 15 empregados/as traballando na recentemente estreada oficina, que é, como dixemos, o seu primeiro centro remoto na xeografía estatal. A compañía integrada por máis de 5.500 profesionais, desenvolve proxectos nos eidos da mobilidade sustentable e a transformación dixital, tanto a nivel nacional como internacional, tendo presenza nos cinco continentes.
O equipo de INECO instalado en Lugo responde a un perfil diverso e multidisciplinar con titulacións diferentes que van desde a enxeñaría civil, de camiños, aeronáutica, agrícola, pasando por arquitectura e informática.
“Procedentes de distintos puntos de España este grupo de profesionais traballa actualmente en proxectos para ADIF, Enaire e Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e poderán, nun futuro, achegar a súa experiencia para outros proxectos nacionais e internacionais que a empresa está a desenvolver”, avanzou Sergio Vázquez.
A alcaldesa aplaudiu a vontade de INECO de impulsar alianzas con universidades e centros de FP, así como de abrir posibles vías de colaboración con empresas locais no territorio, en alusión ao convenio de colaboración asinado coa USC para avanzar no deseño de infraestruturas lineais de ferrocarril e estradas. Deste xeito, salientou, investigadores do Campus de Lugo de Enxeñería Civil e do Departamento de Matemáticas que son punteiros na área, traballarán conxuntamente no desenvolvemento dunha aplicación pioneira a nivel mundial con gran potencial.
Méndez aproveitou a visita para valorar moi positivamente o modelo de descentralización lanzado pola compañía o pasado mes de marzo, nunha aposta pola territorialidade que abriu aos seus profesionais a posibilidade de realizar a súa actividade desde calquera punto de España, con independencia de onde se desenvolva o proxecto no que participan, aproveitando o potencial tecnolóxico do que dispón a empresa.
Vázquez Torrón lembrou que máis de 800 empregados/as de Ineco interesáronse por sumarse a esta mobilidade xeográfica, identificando as localizacións polas que mostraban unha maior predilección.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?