Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Baiona loce potencial turístico con visitas virtuais para o mundo a través do YouTube
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Baiona loce potencial turístico con visitas virtuais para o mundo a través do YouTube

S. P.
Publicado: 19/07/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

baiona_turismo_virtual.jpgO Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, está realizar este mes de xullo unha nova campaña de promoción turística dixital que incorpora como principal novidade circuítos virtuais en directo por dar a coñecer a serra da Groba e os cabalos garranos. “O obxectivo é abrirnos aos mercados internacionais que se consideran prioritarios polo volume de turistas que poden achegar a Baiona e o seu potencial de crecemento”, sinalan dende o Concello. A primeira destas experiencias desenvolveuse este domingo 16 de xullo. O día 30 celebrarase unha segunda sesión, con conexión ás 21.30 horas a través de YouTube.
A inserción promocional de Baiona e do seu entorno natural como destino turístico na plataforma dixital Youtube, ofrecerá dous circuítos ou viaxes virtuais en directo a cidadáns de todo o mundo. A previsión é captar audiencia de EE.UU., Canadá, Reino Unido, Australia ou Nova Zelandia. Tamén de varios países europeos e mesmo de Xapón e China.
Segundo engaden fontes do Concello “todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man o noso marabilloso entrono natural, os nos cabalos salvaxes así como gozar da nosa magnífica posta de sol desde este enclave do noso monte, poderán conectarse de forma gratuíta en directo o domingo 30 ás 21:30h desde a comodidade da súa casa a través dunha conexión a Internet e gozar da emisión”. Nas conexións tamén participará Adrián Martíns, ideólogo dos Safari Etolóxico de Garranos pola Serra da Groba.
Os circuítos virtuais teñen unha duración de 90 minutos aproximadamente. Durante o circuíto pódese interactuar en directo cos viaxeiros por un chat a tempo real (eles escriben preguntas e o guía a pé de rúa pódeas ver na pantalla do móbil e contestar en directo, falando e interactuando co público).
Ademais, esta plataforma está dispoñible para todos os públicos polo “que viaxeiros nacionais ou mesmo aqueles baioneses e baionesas nostálxicos que non poidan vir ata Baiona para gozar en directo do seu entorno”, engadiu o Concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?