Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Internaco mostra en Lugo os robots máis innovadores para lograr unha agricultura moderna e sustentable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Internaco mostra en Lugo os robots máis innovadores para lograr unha agricultura moderna e sustentable

S. P.
Publicado: 20/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

agrorrobotica_internaco_usc_campus_de_lugo.jpgO grupo galego Internaco, con sede en Ordes, protagonizou este mércores 19 de xullo unha xornada sobre agrorobótica na Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPSI) do Campus Terra, da Universidade de Santiago (USC). O obxectivo, en palabras da empresa, foi “trasladar aos alumnos do Grao de Robótica de Lugo (único en España) e a estudantes de disciplinas relacionadas con este ámbito a importancia da innovación na agricultura do futuro, así como as perspectivas que se abren coa implantación da robotización nos traballos do campo”. A cita culminou unha demostración práctica das posibilidades dos robots agrícolas TED e OZ, trebellos de última xeración do grupo.
A xornada contou coas contribucións que realizaron catro expertos da empresa galega, que desde hai máis de 20 anos leva a cabo unha aposta pola innovación e a modernización do sector. Sergio Grau Boix, director de vendas de AG/AG-Group Europe – Internaco Group, foi o encargado de abrir os relatorios cunha presentación do grupo empresarial creado en Ordes en 1976 e que é hoxe un referente no sector maquinaria forestal, agrícola e de xardinería. Segundo fixo saber Sergio, a aposta da firma pola agro-robótica reforzouse nos últimos anos coa incorporación de marcas de referencia no sector como a sueca Husqvarna e a incorporación de AG/AG Group en 2022. Grau fixo fincapé, durante a súa intervención, na “firme decisión de seguir crecendo no sector agrícola español” a través da aposta pola división Innovation, que “presenta unha ampla gama de produtos con solucións respectuosas e sustentables co medio ambiente grazas á dixitalización e a robotización do sector agrícola”, dixo, engadindo que “estamos a falar dun futuro moi presente, e os clientes esperan solucións e avances en robótica para todos os desafíos que expón hoxe a agricultura máis respectuosa co medio natural”.
A xornada continuou coas intervencións de Sophie Graillot, enxeñeira de soporte técnico, e Josep Dalmases, responsable da división Innovation de AG/AG-Group Europe -Internaco Group-, quen expuxo os aspectos máis destacados dos robots agrícolas das marcas FarmDroid e Naïo Technologies, que AG/AG Group distribúe en España e Portugal. Ambas as liñas representan, dixo, “a agricultura do futuro cos robots pensados especialmente para a viña e os cultivos de hortalizas”.
Dese futuro falou precisamente outro dos expertos. Carlos Rivera, xestor de produto de Batería e Automower de Husqvarna, quen foi o encargado de profundar na modernización, a evolución e as perspectivas da robótica no sector do campo e xardín. Uns aspectos que, incidiu, abren novas posibilidades profesionais, xa que “a formación de certos sectores onde terá un gran impacto a robótica será a clave para poder levar a cabo esa gran transformación”.
Tralas súas explicacións, os asistentes puideron comprobar a eficiencia de dúas deses robots cunha demostración no campo de prácticas da Escola. Por unha banda, o modelo TED para traballos en plantacións de viñedo e que se presenta como unha alternativa ao uso de herbicidas, xa que realiza tarefas de roza de forma precisa e respectando o chan. A demostración repetiuse co modelo OZ, para explotacións hortícolas, que mostrou como lograr un óptimo desherbado do viñedo grazas ao seu sistema de mapeado do terreo.
A xornada, coordinada polo profesor de Robótica Javier Bueno, tiña como obxectivo presentar a agro-robótica como un sector en expansión e cun rápido crecemento e implantación, “unha industria en auxe que abre novas perspectivas de futuro para unha agricultura moderna e sustentable”. Na EPSI do Campus Terra impártese actualmente a titulación de Grao en Robótica, que é a única de España que oferta a posibilidade de especializarse en agro-robótica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?