Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aeromedia, Indra e o ITG desenvolven un sistema para rastrexar desaparecidos: DroneFinder
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aeromedia, Indra e o ITG desenvolven un sistema para rastrexar desaparecidos: DroneFinder

S. P.
Publicado: 20/07/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

itg_dronefinder.jpgAeromedia, Indra e ITG desenvolveron unha innovadora solución deseñada para localizar a persoas desaparecidas en tempo récord e salvar vidas mediante o uso de drons e Intelixencia Artificial: DroneFinder. O sistema, materializado para a Axencia Galega de Emerxencias no marco do Polo Aeroespacial de Galicia (Axendia Galega de Innovación), contou con financiamento da Xunta a través de Fondos FEDER, e integrarase cos sistemas que empregan os servizos públicos de emerxencias, saúde e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
A tecnoloxía foi en parte desenvolvida con vistas a combater un problema que vai a máis: o extravío de persoas maiores e de vítimas en catástrofes naturais. De feito, segundo datos de SOS Desaparecidos, o 46% dos maiores de 70 anos que se perden en España padecen alzhéimer e en moitos casos o desenlace destas situacións é fatal, a pesar de que a maioría dos falecidos atopábanse a só 3 ou 4 quilómetros da súa residencia ou do lugar onde foron vistas por última vez. O ITG lembra tamén que “no caso do turismo activo ou de catástrofes naturais, son frecuentes os accidentes ou situacións nas que unha persoa extravíase e non ten posibilidade de comunicar a súa situación”.
Para resolver o problema, o sistema DroneFinder analiza de forma automatizada, en tempo real, grandes volumes de imaxes recollidas pola cámara de vídeo dual (RGB e térmica) integrada nos drons. O sistema tamén pode detectar á persoa no caso de que esta carrexe algún dispositivo electrónico, como pode ser unha pulseira ou reloxo intelixente. De forma paralela, a tecnoloxía desenvolvida é quen de lanzar un aviso directamente aos equipos de emerxencias, “reducindo ao mínimo os tempos de resposta e optimizando os recursos empregados na procura, contribuíndo con iso a salvar vidas”, explican fontes do ITG, engadindo que o obxectivo final é “localizar ás persoas en tempo récord posto que, para o éxito deste tipo de operacións, as primeiras 48 horas de procura son vitais, especialmente na procura de persoas con deterioración cognitiva, doenzas neurodexenerativas ou persoas con discapacidade”.
simulacion_itg_dronefinder.jpg A empresa Aeromedia, especializada en servizos de RPAS (sistemas de aeronaves pilotadas a distancia), bota man, para este desenvolvemento da súa longa experiencia nacional en servizos de procura de persoas desaparecidas e achegou tanto o hardware que permitirá a procura a través de reloxos, pulseiras intelixentes ou teléfonos móbiles, como a despregadura da operativa de procura con UAV (vehículos aéreos non tripulados). Hardware e software que inclúe unha aplicación para dispositivos móbiles que permitirá xestionar a actividade do persoal do dispositivo de procura. “Estes dispositivos de localización (pulseiras, reloxos…)”, sinalan fontes de Aromedia, “caracterízanse por unha duración da súa batería de ata dous anos, así como pola capacidade de monitoraxe que achegan desde o fogar ou lugar de estancia do usuario”.
Indra, responsable do desenvolvemento da aeronave OPV (Optional Piloted Vehicle) TARGUS dentro do ámbito da Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia, ofrecerá a súa experiencia a través dun centro de procesamento de datos que aglutinará toda a información recollida das diversas fontes. O sistema de xestión de procura de persoas (SGBDP) centralizará e almacenará as entradas de datos procedentes dos diferentes sistemas e así ofrecerá aos usuarios finais unha interface desde a que facer monitoraxe en tempo real a captura destes, sendo posible utilizalos para unha reprodución posterior. Tamén permitirá que o 112 acceda, en tempo real ás funcionalidades propostas, desde calquera lugar en que haxa unha conexión a Internet ou cobertura de telefonía móbil.
Pola súa banda, o Centro Tecnolóxico ITG achega a súa ampla experiencia en Visión Artificial cunha solución que facilitará ao equipo de procura a inspección visual automatizada das imaxes capturadas polos drons. Unha tecnoloxía baseada en Intelixencia Artificial que permite procesar e analizar en tempo real, sen intervención humana e tanto de día como de noite, as imaxes procedentes das cámaras duais (RGB e térmica) que portan os drons. Algoritmos de IA que multiplican o volume de imaxes analizadas nun curto espazo de tempo, incrementando as posibilidades de localización dos desaparecidos.
O proxecto DroneFinder está promovido pola Xunta de Galicia no marco da Civil UAVs Initiative, dentro do Programa Estratéxico 2021-2025, e está financiado no marco do eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. A solución tecnolóxica estará plenamente operativa a finais deste ano 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?