Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CIM e CITIC únense para estudar a contaminación luminosa nas rías de Vigo e Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CIM e CITIC únense para estudar a contaminación luminosa nas rías de Vigo e Pontevedra

S. P.
Publicado: 21/07/2023
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

citic_cim_uvigo_.jpgO Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) estableceron unha colaboración estratéxica para levar a cabo un estudo sobre a contaminación luminosa nas rías de Vigo e Pontevedra. Ambas institucións, pertencentes á Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Rede CIGUS), únense co obxectivo concreto de “avaliar o impacto da luz nocturna na produtividade biolóxica destes importantes ecosistemas”.
Trátase, explicaron os seus responsables, dun “novo exemplo de creación de sinerxías dentro da rede fomentada pola Xunta de Galicia, que está orientada ao fortalecemento da investigación de excelencia no ámbito nacional e internacional e da que só forman parte oito centros de investigación galegos”.
foto_1_cim_citic.jpg Un problema que vai a máis
Segundo engaden dende o CIM e o CITIC, a contaminación luminosa é “un problema en crecemento nos últimos anos” que non só impide gozar do ceo estrelado, senón que tamén afecta a numerosas especies nocturnas e “pode ter consecuencias prexudiciais para a saúde humana”. Neste contexto, o proxecto Gaia4Sustainability, coordinado polo CITIC da Universidade da Coruña e a Universitat de Barcelona, desenvolveu un modelo de brillo nocturno baseado nos datos do satélite Gaia da Axencia Espacial Europea (ESA). Ademais, crearon un fotómetro de baixo custo, chamado FreeDSM, para medir a contaminación luminosa de maneira estandarizada e accesible para a cidadanía.
A participación do CIM neste proxecto permitirá incluír medidas de contaminación luminosa na
monitoraxe continua que se realiza das condicións físicas e químicas nas rías galegas. Para iso, instalarán unha unidade de FreeDSM na plataforma de experimentación e observación mariña da ría de Aldán e outra no peirao flotante da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) do CIM. O obxectivo, reiteran, “é medir o grao de contaminación luminosa e avaliar a súa posible influencia na produción biolóxica”.
Segundo explican, “o uso do modelo de brillo nocturno baseado nos datos de Gaia, combinado coas medicións precisas da contaminación luminosa mediante FreeDSM, permitirá obter unha avaliación máis completa e precisa do impacto da luz artificial nos ecosistemas; esta información será clave para tomar medidas axeitadas que reduzan a contaminación luminosa e promovan sistemas de iluminación máis efectivos, respectuosos co medio ambiente e seguros para a saúde humana.
citic_cim_uvigo_2.jpgInvestigación de calidade
O director do CIM, Daniel Rey, indicou que “este tipo de sinerxías de traballo entre centros de investigación da Rede CIGUS son de gran importancia para, non só abrir novas liñas de estudo vinculadas con necesidades actuais da sociedade, senón tamén para evidenciar a calidade da investigación que se realiza na nosa comunidade”. Amais, subliñou que “para a conservación dos ecosistemas mariños e, como non, o benestar da comunidade local, é imprescindible facer monitoraxe da afección que supón unha cuestión tan de actualidade como a contaminación luminosa. Unha vez a comprendamos poderemos mitigala e, para iso, todo o persoal investigador implicado no proxecto, Ana Ulla e Daniel Rey por parte da Universidade de Vigo e do CIM; e Carlos Dafonte e Minia Manteiga do CITIC da UDC, ofrecerán cadansúas visións desde diferentes áreas de estudo para, entre todos, analizar a realidade na que se atopan a día de hoxe as nosas rías”.
Daniel Rey insistiu en que “as infraestruturas de investigación de última xeración do CIM demostran que son de grande utilidade para múltiples estudos. De aí a importancia de continuar cos investimentos na súa mellora e ampliación para que as súas capacidades sexan cada vez maiores e manter así a posición do CIM como referente na investigación mariña a nivel nacional e internacional”.
Pulo á transferencia de coñecemento
Pola súa banda, o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, destacou que “este proxecto supón outro avance más na transferencia de coñecemento á sociedade desde o CITIC da UDC. Neste caso, ponse de manifesto a utilidade de determinadas solucións tecnolóxicas (un fotómetro) na industria do mar (produción de mexillón) no contexto de contaminación luminosa e, en definitiva, do desenvolvemento sustentable”, comentou. Ademais, Manuel González Penedo remarcou que “esta iniciativa destaca pola súa versatilidade e aproveitamento de recursos, algoritmos, datos e outras investigacións dun programa como o de GAIA (de investigación espacial) para a investigación mariña máis innovadora”.
Respecto da colaboración co CIM, director do CITIC mostrouse moi satisfeito porque “podemos fusionar talento e coñecemento con centros e universidades de referencia, sumando valor en proxectos de longo percorrido e por poñer o noso traballo ao servizo da sociedade demostrando, unha vez máis, a nosa capacidade de resposta ás súas necesidades”. E engadiu: “Proxectos coma este subliñan a importancia estratéxica de conectar centros de investigación como o CITIC e o CIM co tecido produtivo e social, unha conexión que debe ser impulsada desde as administracións como transmisor dos recursos públicos en beneficio de todos”,
Gaia4Sustainability
O proxecto Gaia4Sustainability ten como obxectivo fomentar a participación cidadá na recompilación de datos sobre a contaminación luminosa. O dispositivo FreeDSM, de doada fabricación e baixo custe, estará dispoñible para institucións educativas, administracións públicas, empresas de astro-turismo e cidadáns interesados en contribuír á ciencia cidadá. Esta iniciativa busca concienciar á poboación sobre o problema da contaminación luminosa e promover un cambio de actitude cara a unha iluminación máis responsable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?