Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acolleu a presentación dos seus novos e revolucionarios prototipos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acolleu a presentación dos seus novos e revolucionarios prototipos

S. P.
Publicado: 21/07/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citic_presentacion_prototipos_demostrador_tecnoloxico_1.jpgEste xoves 20 de xullo levouse a cabo na Sala Cloud do CITIC a xornada Presentación dos avances de prototipos para o Demostrador Tecnolóxico do CITIC, un acto no que as investigadoras e investigadores participantes do centro mostraron á comunidade do mesmo, e da UDC, o progreso nos seus traballos.
Os devanditos prototipos enmárcanse dentro a aposta do CITIC por poñer en valor os resultados das liñas de investigación prioritarias do centro, para iso, en febreiro deste ano, lanzouse a convocatoria Apoio ás liñas estratéxicas do CITIC para a creación de prototipos que permitan visibilizar os resultados de investigación, que consistía no financiamento de novas contratacións de persoal investigador que axudase a visibilizar os devanditos resultados.
A xornada abriuse a todo o público interesado e asistiron ao redor de 30 persoas. Nela interviñeron nove rexistrados na convocatoria, todos eles adheridos a diferentes grupos de investigación da UDC.
A primeira das presentacións correu a cargo de Paula Romero Campo, que amosou o seu traballo Sistema intelixente de asistencia ao diagnóstico de enfermidades raras neurolóxicas. A aplicación desenvolvida leva por nome AtaxAId. O potencial da mesma está na extracción da información útil que foi escrita no informe médico e no arquivo xenético do paciente para poñela en contraste cos datos de repositorios médicos de doenzas raras e que, desta maneira, axude ao médico especialista no diagnóstico.
paula_romero_tici_demostrador_tecnoloxico.jpgO segundo prototipo foi presentado polo investigador Manuel Lagos Rodríguez. O seu traballo consiste na Integración dun sistema de movemento cautivo en contornas virtuais para a rehabilitación de persoas con discapacidade. O resultado deste traballo permitirá o desenvolvemento de actividades para a rehabilitación de persoas con discapacidade nas que o desprazamento é fundamental.
A seguinte presentación levouna a cabo Diego Fernández Edreira co Prototipo de detección de pólipos en imaxes de colonoscopia. Co seu traballo preténdese desenvolver unha aplicación que permita detectar e analizar de forma automática algún indicio de pólipos en pacientes a través das imaxes recollidas por un colonoscopio.
A cuarta das charlas impartiuna o investigador Hiram Varela Rodríguez, que presentou o seu traballo Simulación de secado de sólidos porosos. Co seu prototipo pódese observar polo miúdo o proceso de secado en materiais sólidos porosos a través dunha simulación numérica e representada en 2D, o que permitirá elixir o método máis óptimo que se debe aplicar en cada caso; no exemplo dado céntrase no secado da madeira.
Despois dun breve descanso, a quinta das presentacións foi a de Eva Pardo Otero con Captura automática de datos de Xiaomi Mi Band. Co seu traballo pretende crear unha web que visualice a actividade dun grupo de persoas usuarias de pulseiras ou reloxos intelixentes centrándose nos datos de descanso (sono) e o número de pasos realizados ao longo do día (actividade física). Grazas aos datos recolleitos poderanse analizar os hábitos saudables dos pacientes e predicir problemas de saúde física ou mental.
A seguinte intervención levouna a cabo Julián González Muñoz con Aplicación de patróns de comportamento en dispositivos, onde expón o desenvolvemento dunha aplicación de recollida de datos para o adestramento e a detección da identidade dos usuarios activos nun sistema.
A sétima presentación foi a de Miguel Ángel Rodríguez Luaces, quen falou do seu traballo Friendly barrierLess Adaptable City Demo A Coruña (FLATCity). O obxectivo é crear unha aplicación que permita a cidadáns con diferentes capacidades motoras atopar o mellor roteiro para realizar un desprazamento pola cidade; o prototipo mostrado foi dun mapa da cidade da Coruña.
O penúltimo dos prototipos correu a cargo de Manuel Corujo Muiña que presentou Desenvolvemento dun cadro de mando para divulgación dos usos da HPC. Tal como indica o título, a idea é crear un cadro de mando navegable para a divulgación das utilidades de computación de altas prestacións (HPC) en xeral e no contexto da UDC e o CITIC en particular.
A última exposición foi a da Adriana Dapena Janeiro que, mediante un vídeo explicativo mostrou o obxectivo de Interfaces home máquina baseados en sinais EMG, onde se pretende desenvolver un sistema que permita controlar obxectos dunha vivenda a través de sinais que emiten os nosos músculos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?