Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación do Concello da Coruña xa permite pagar recibos municipais co móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación do Concello da Coruña xa permite pagar recibos municipais co móbil

S. P.
Publicado: 24/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

app_coruna.jpgA aplicación móbil App Coruña, dispoñible en sistemas Android e iOS, actualizouse á súa versión 1.16.1, na que, segundo explica o Concello, inclúense numerosas melloras para as persoas usuarias. Dende o Consistorio engaden que “con esta aplicación a cidadanía pode acceder á gran maioría dos servizos municipais desde o seu móbil ,consultar información en tempo real sobre o tráfico, os autobuses, BiciCoruña ou a axenda cultural; e tamén é posible consultar datos persoais como impostos, recibos ou préstamos bibliotecarios”.
Ao mesmo tempo, é posible personalizar a aplicación en función das preferencias de cada persoa usuaria, que “só necesitará as súas credenciais de acceso ao perfil municipal para dispoñer de diferentes servizos”.
As novidades desta versión, xa dispoñible, son a consulta de información de traxectos de autobuses metropolitanos e interurbanos, un planificador de desprazamentos pola cidade andando, en bus, en bicicleta ou en coche; melloras no módulo de presentación de suxestións e reclamacións, melloras no envío de notificacións informativas ou alertas de chegada do bus urbano á parada ou melloras na visualización de información de dispoñibilidade de bicicletas de BiciCoruña e nova información útil para as persoas usuarias do servizo. Ademais, outra das novas incorporacións é a inclusión dun novo método de pago de recibos ou impostos dende a propia aplicación. As persoas interesadas en empregalo só precisarán ter unha tarxeta bancaria e autorizar o pago na súa entidade, se é preciso.
“Con estas melloras, a cidadanía ten cada vez máis ao alcance da man os servizos que ofrecemos desde o Concello”, indicou Nereida Canosa, concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas.
A edil destaca tamén que servizos como BiciCoruña “están totalmente integrados nesta aplicación e permiten a reserva e o desbloqueo de bicicletas, así como novas funcións, como un planificador de rutas”. Por outra banda, tamén hai información en tempo real do servizo de transporte urbano e moi axiña integrarase na aplicación o novo sistema de pagamento do billete do bus con código QR.
O Goberno de Inés Rey investiu 164.000 euros, co-financiados a través de fondos europeos FEDER, na creación desta aplicación. “O noso obxectivo é continuar a mellorar esta ferramenta e que cada vez chegue a máis coruñeses e coruñesas para poder facilitarlles o seu día a día”, sinalou Canosa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?