Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo destina 6.000 euros a fomentar os estudos STEM entre as mulleres cos premios GirlGeekPower
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo destina 6.000 euros a fomentar os estudos STEM entre as mulleres cos premios GirlGeekPower

S. P.
Publicado: 26/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

girlgeek_uvigo_premio.jpgTres anos despois da súa estrea, os premios GirlGeekCOVID (postos en marcha na pandemia para promover os estudos STEM entre as mozas) veñen de mudar de nome para, en palabras das súas impulsoras, “adaptarse á realidade actual”. A cuarta edición lánzase cunha nova denominación, os premios GirlGeekPower, aos que se poden presentar candidaturas ata o vindeiro 29 de setembro.
A proposta está destinada ás alumnas da Universidade de Vigo que cursen titulacións STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) nos campus de Vigo e Pontevedra.
Estes galardóns encádranse na Cátedra Feminismos 4.0 que sosteñen a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo. A finalidade é “promocionar e incentivar os estudos STEM entre as mulleres, un eido onde hai unha infrarrepresentación feminina, pese á importancia estratéxica deste ámbito na nosa sociedade, o que pode redundar no incremento da fenda de xénero no futuro das novas xeracións”, explican as dúas entidades, engadindo que o premio valorará o mellor aproveitamento académico das candidatas, ademais da súa motivación explícita nos estudos STEM. En total destínase a esta iniciativa da Unidade de Igualdade 6000 euros, que se repartirán en dous premios de 2000€, un para a rama das ciencias e as ciencias da saúde e outro no eido da enxeñaría, e dous accésits de 1000€ en cada un destes eidos.
Quen se pode presentar e ata cando?
Poden solicitar o premio as estudantes matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2023/2024 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado oficial das ramas de Enxeñaría e Arquitectura ou Ciencias e Ciencias da Saúde dos campus de Pontevedra e Vigo. Para formar parte da convocatoria deberán ter superados ata o curso 2022/2023 60 créditos da titulación na que están matriculadas, ter unha nota media do expediente ata o curso 2022/2023 igual ou superior a 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura; 8 nas titulacións da rama de Ciencias; e 8 nas titulacións da rama de Ciencias da Saúde e non ter non ter recibido este premio en ningunha das convocatorias anteriores para o mesmo ciclo.
O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 29 de setembro, e as alumnas deberán, xunto co formulario e a certificación académica, presentar unha carta de motivación, na que amosen, por unha banda, as razóns que as levaron a optar por realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e, por outra, onde reflexionen sobre a súa experiencia persoal como mulleres nun ámbito tradicionalmente masculinizado.
A comisión de avaliación encargada de estudar as diferentes candidaturas estará composta por Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade; Soledad Torres, profesora da UVigo; Lucía Muradas; xefa do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra e Ana Isabel Amoedo, traballadora social adscrita ao Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra. A puntuación dependerá nun 80% da nota media do expediente en un 20% da carta de motivación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?