Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Remata o proxecto Facendo 4.0 tras un investimento de 22,3 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Remata o proxecto Facendo 4.0 tras un investimento de 22,3 millóns de euros

S. P.
Publicado: 27/07/2023
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

uvigo_facendo_4.0.jpgTras case tres anos de traballo, un investimento de 22,3 millóns de euros, 400 persoas implicadas e 800.000 horas de investigación, o proxecto Facendo 4.0 (Competitividade Industrial e Electromobilidade a través da Innovación e a Transformación Dixital) chegou ao seu remate. A iniciativa, liderada por Stellantis en colaboración coa Universidade de Vigo, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, Gradiant e Aimen, buscaba “deseñar o sector da automoción do futuro a través dunha planta máis flexible, sustentable e conectada”.
O proxecto botou a andar en setembro de 2020 centrándose na investigación industrial e o desenvolvemento experimental para incrementar a competitividade e reforzar as competencias da automoción galega. En concreto, Facendo 4.0 permitiu innovar nos procesos produtivos da fábrica de Stellantis Vigo en tres liñas: cara unha planta máis flexible que respondese ás necesidades do cliente; co obxectivo de que en 2050, cunha mínima pegada de carbono, emitíranse 0 residuos e emisións; e para xerar unha planta conectada, con mellores prestacións tecnolóxicas.
Os responsables das entidades implicadas participaron este mércores nun acto de peche que tivo lugar na factoría viguesa. Por parte da empresa interveu Ignacio Bueno, director de Stellantis Vigo, por parte da UVigo, Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación; así como Luis Pérez, director xeral de Gradiant; Jesús Lago, director xeral de Aimen e Luis Moreno, director xeral do CTAG. A todos eles sumouse a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, xa que o proxecto recibiu unha axuda pública de 12,2 millóns de euros a través deste organismos cofinanciada con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea.
Como destacaron, no proxecto interviñeron 400 técnicos e investigadores de diferentes ámbitos e executáronse ou puxéronse en marcha 157 actuacións relacionadas coa Fábrica do Futuro, o Vehículo do Futuro e a Conectividade e as Tecnoloxías da Información. Nas tres anualidades investíronse 22,3 millóns de euros, a cifra total que se contemplaba no programa, e a todas as innovacións desenvolvidas dedicáronse 800.000 horas de investigación e enxeñaría avanzada, dando lugar, ata o momento, a dez patentes rexistradas.
Na súa intervención, a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, puxo en valor o traballo dos grupos da UVigo implicados (GTE, DSE, ENE e GTI) e dos centros de investigación Cintecx e atlanTTic. Ademais achegou algúns datos da participación da UVigo en Facendo 4.0, que contou cun orzamento de 500.000 euros, xerou máis de 20.000 horas de traballo e puxo as bases para tres teses de doutoramento que están en curso.
A participación da Universidade de Vigo neste proxecto estratéxico centrouse en dous paquetes de traballo: Fábrica Ecoamigable e Smart Connectivity. No primeiro, en colaboración con Stellantis, destacan as actividades relacionadas coa Green Factory e o mantemento preditivo, mentres que no segundo, o persoal investigador da UVigo xunto co de Grandiant centráronse na automatización da xestión de recursos.
No que se refire á Green Factory, o obxectivo era evolucionar cara unha fábrica máis sustentable. Neste paquete traballo participou o Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE) do CINTECX, que se centrou en desenvolver medidas e estratexias para reducir o impacto que a actividade da fábrica ten sobre o medio ambiente, apostando por un maior uso da enerxías renovables e o emprego de tecnoloxías libres de carbono.
Outro aspecto no que traballou o equipo formado polo grupo GTE e Stellantis foi a identificación dos focos de calor residuais e a análise de funcionamento dos recuperadores actuais dos fornos de pintura mediante o seu xemelo dixital. Tamén se realizaron estudos sobre a xestión da auga, o tratamento de residuos e a conservación da biodiversidade.
No mesmo paquete de traballo relativo á Fábrica Ecoamigable participaron outros equipos da UVigo, en concreto o Grupo de Deseño e Simulación Numérica en Enxeñaría Mecánica, do CINTECX e o Grupo de Enerxía Eléctrica, ENE, que se centraron no eido do mantemento preditivo, xa que dentro da necesidade de aumentar a competitividade dos procesos industriais, o control de mantemento de maquinaria complexa é clave para avaliar a súa optimización. Este equipo puido demostrar que é “posible obter datos de consumo eléctrico cunha intervención mínima, non invasiva, capaces de proporcionar información dos procesos individuais, simplificando de xeito considerable o proceso de recollida de información”. Desenvolveron un modelo cinemático dun equipo complexo, en concreto a prensa de embutición, e un modelo de redes neuronais capaz de discriminar o proceso realizado na prensa. Ao mesmo tempo, analizaron o consumo de potencia por peza e estudar opcións de optimización de compoñentes de consumo illados. “Este sistema de análise pode implementarse de maneira que proporcione información en tempo real e incorporarse a un sistema complexo de control integrado de proceso en planta, tipo xemelo dixital”, explicouse na presentación de resultados.
Por outra banda, a UVigo involucrouse neste proxecto nun segundo paquete de traballo: Smart Connectivity, no que se levou a cabo un estudo dos mecanismos que permiten garantir a calidade das conexións, “algo esencial cando se necesita transmitir datos e instrucións para sistemas críticos”, sinalaron os investigadores da Universidade de Vigo. Para isto, o Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) de atlanTTic e de Gradiant empregou a técnica do network slicing para crear múltiples redes virtuais nunha infraestrutura física compartida. Entre outros aspectos, lograron avanzar na análise de alternativas e o deseño dunha arquitectura para a unificación de comunicacións con continuidade de sesión. Tamén se logrou obter un coñecemento completo da arquitectura de rede a nivel de planta e a súa contorna, ademais de contar cun mecanismo para reservar recursos para cada slice de rede. En paralelo, desenvolveuse unha actividade centrada na implementación dunha rede multi-tecnoloxía co obxectivo de satisfacer as diversas necesidades de dispositivos en termos de transmisión, latencia, mobilidade e logrouse implementar unha rede 5G stand alone con network slicing e realizáronse probas exhaustivas para validar o seu funcionamento e capacidade de subministrar segmentos de rede aos usuarios finais. Tamén se demostrou a adaptabilidade e rendemento da rede a través de probas que incluíron o rexistro de terminais 5G, a creación de sesións de datos en diferentes slices e o enrutamento correcto do tráfico. “Estes avances significativos no proxecto”, resumen os investigadores, “demostran a capacidade de adaptación e rendemento da rede, o que impulsa o desenvolvemento de solucións de conectividade intelixente en contornas industriais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?