Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Grupo Nueva Pescanova incorpora a Intelixencia Artificial nas súas fábricas de Galicia co proxecto Sea2Table4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Grupo Nueva Pescanova incorpora a Intelixencia Artificial nas súas fábricas de Galicia co proxecto Sea2Table4.0

S. P.
Publicado: 27/07/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

sea2table_resultados.jpgO Grupo Nueva Pescanova presentou os resultados de Sea2Table4.0, un proxecto de I+D+i que liderou a compañía alimentaria galega en colaboración con ASM Soft e o Centro Tecnolóxico Gradiant e co que conseguiu desenvolver un novo modelo de fábrica: o modelo Pescanova 4.0. Trátaser dunha planta na que os elementos e procesos están automatizados e interconectados e “que supón unha mellora en materia de sustentabilidade e eficiencia”, explicaron os responsables do proxecto na presentación, engadindo que “para conseguilo, a compañía incorporou tecnoloxías como Intelixencia Artificial, a Internet das Cousas, a Computación na Nube, a análise de datos a gran escala (Big Data), a Visión Artificial, a Cadea de Bloques (Blockchain) e as tecnoloxas de Aprendizaxe Máquina (Machine Learning), entre outras, nos seus centros de Chapela, Porriño e Arteixo.
O acto de presentación, celebrado este xoves 27 na sede de Gradiant, contou coa asistencia de Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN); Marta Otero, directora xeneral Industrial do Grupo Nueva Pescanova; Cesáreo Barciela, xerente de ASM Soft; e Luis Pérez, director xeneral de Gradiant, entre outros.
No seu transcurso déronse a coñecer os principais retos aos que se enfrontaron os tres membros do consorcio para deseñar e implementar un xemelgo dixital multifábrica co que recompilar e analizar en tempo real a información das plantas do grupo en Galicia. Con esta interconexión, que implicou a incorporación de sensores moi específicos adaptados ás características de cada maquinaria, “conseguiuse unha maior axilidade na toma de decisións, flexibilizar a cadea de subministro, melloras na rastrexabilidade dos produtos, unha xestión e gobernanza das plantas máis eficiente e procesos máis sustentables”, sinalouse na presentación de resultados, na que se puxo o foco no factor humano do proxecto: apostouse por dispositivos tecnolóxicos con interfaces intuitivas, un plan de formación en competencias dixitais para o persoal de produción das plantas e a incorporación de perfís tecnolóxicos.
Marta Otero indicou que “este proxecto nace da nosa vocación por seguir avanzando en materia de innovación e sustentabilidade, dous piares fundamentais no grupo. Establecemos sinerxías robustas cos nosos socios e, grazas a iso, logramos establecer un modelo de fábrica máis intelixente e sustentable que supón grandes melloras en materia de xestión, gobernanza e eficiencia”.
Pola súa banda, Cesáreo Barciela, manifestou “sentir un enorme orgullo por participar en Sea2Table4.0, iniciativa que establece as bases da fábrica dixitalizada do futuro. Agradecemos tanto ao Grupo Nova Pescanova como ao resto dos socios o enorme esforzo de colaboración realizado durante o desenvolvemento e despregamento do proxecto”.
Luis Pérez destacou a satisfacción que supón que “as capacidades tecnolóxicas avanzadas de Gradiant en materia de conectividade, intelixencia e ciberseguridade sirvan para fortalecer o liderado da industria galega, especialmente nun sector tan competitivo a nivel global como é o alimentario, e tan importante tradicionalmente para a economía de Galicia. Este proxecto é un exemplo de que con talento local e visión global pódese chegar moi lonxe”.
Por último, a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, destacou a contribución deste proxecto ao avance cara a un novo modelo de fábrica na industria alimentaria máis eficiente e sustentable mediante a aplicación de tecnoloxías innovadoras, en liña cos retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e as prioridades europeas de dixitalización e sustentabilidade.
O proxecto Sea2Table4.0 está subvencionado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da Axencia Galega de Innovación e co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) Unha maneira de facer Europa. A iniciativa enmárcase na cuarta convocatoria de axudas do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da Industria 4.0.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?