Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto anti-contaminación e outro centrado na Internet das Cousas, distinguidos os Premios EMALCSA-UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un proxecto anti-contaminación e outro centrado na Internet das Cousas, distinguidos os Premios EMALCSA-UDC

S. P.
Publicado: 31/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_emalcsa_udc_2023.jpgO Concello da Coruña e EMALCSA entregaron a semana pasada os Premios Cátedra EMALCSA-UDC, unha iniciativa que naceu co obxectivo de promover a investigación e a transferencia de coñecementos tecnolóxicos e transformadores no eido dos sistemas de auga urbana, con vistas ao desenvolvemento dunha estratexia para a xestión sustentable da auga.
Na terceira edición dos galardóns, dirixidos a alumnos ou titulados de mestrado que presentasen o seu Traballo de Fin de Mestrado (TFM) en titulacións da Universidade da Coruña no curso académico 2021/22, premiouse a Castor Eduardo Maduro-Malpica polo seu proxecto Desenvolvemento e ensaios de campo dun mostrador pasivo de membrana metálica para a determinación de contaminantes orgánicos en augas superficiais e residuais. Ademais, Carlos Leira Castro foi recoñecido cun accésit polo seu traballo Integración de sensores con distintas tecnoloxías de comunicación loT para a maqueta Medusa.
Na súa intervención, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, lembrou a importancia de “coidar os nosos recursos cunha perspectiva de futuro” e apuntou especificamente á cuestión da xestión sustentable da auga: “Neste aspecto, en termos de aforro ou eficiencia, podemos facer moito xa desde as nosas casas, tamén desde o tecido municipal e, por suposto, desde o conxunto do Estado, cunha estratexia de país, porque isto esixe da implicación de todas e todos”.
Neste sentido, a rexedora recalcou que “o Goberno municipal é consciente do importantes que son a natureza e a auga para facer fronte ás consecuencias do cambio climático”, e loou o traballo de investigación que se promove desde a UDC, co apoio de EMALCSA, promovendo iniciativas que garanten avances fronte ás fugas de augas, a microcontaminación e o tratamento de augas residuais.
No acto de entrega de premios, que tivo lugar hoxe na sede do Reitorado da Universidade da Coruña, na Mestranza, a alcaldesa estivo acompañada por Jaime Castiñeira de la Torre, director xeral de Emalcsa, Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, e por Moisés Canle López, director da Cátedra EMALCSA-UDC.
Os proxectos recoñecidos
Como dixemos entregouse un recoñecemento a Cástor Eduardo Maduro, estudante do Mestrado Universitario en Enxeñería da Auga, polo seu traballo Development and Field Testing of a Metal Membrane Passive Sampler for the Determination of Organic Contaminants in Surface and Wastewaters. O xurado coincidiu en que con esta investigación desenvolveu unha excelente análise dunha solución con potencial para realizar mostras pasivas de contaminantes orgánicos con vistas á protección das masas de auga.
Así mesmo, outorgouse un accésit ao estudante do Mestrado Universitario en Informática Industrial e Robótica, Carlos Leira Castro, polo seu traballo Integración de sensores con distintas tecnoloxías de comunicación IoT para a maqueta Medusa. O proxecto foi valorado positivamente polo xurado ao propoñer unha solución con capacidade para simular situacións que se poidan dar na rede de distribución de EMALCSA e detectar potenciais problemas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?