Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A toponimia e as TIC centran en setembro unha xornada estatal no Gaiás
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A toponimia e as TIC centran en setembro unha xornada estatal no Gaiás

S. P.
Publicado: 31/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230727-cartel-xornada-cenx.jpgO próximo 21 de setembro celebrarase na Cidade da Cultura de Galicia a VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, co título Os nomes xeográficos e o mundo dixital. A Xornada está organizada pola Comisión Especializada de Nombres Xeográficos e o Instituto Geográfico Nacional, en colaboración coa Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Real Academia Galega.
Segundo explican as entidades responsables do encontro, os nomes xeográficos son o reflexo do proceso de humanización e caracterización do territorio, así como da evolución da paisaxe ao longo da historia. E engaden: “Os topónimos son o sangue vital da cartografía, pois describen unhas categorías físicas e culturais a múltiples escalas, e forman unha parte fundamental do noso patrimonio cultural inmaterial, polo que é necesario conservalos, normalizalos e difundilos usando as TIC co obxectivo de proxectalos cara ao futuro”.
A organización do evento porá o foco nos recursos dixitais adaptados aos novos retos da sociedade actual que nos permiten fomentar o uso da toponimia normalizada e aproveitala para a investigación en diversas disciplinas ou para a xestión do territorio.
Programa provisional
Xoves 21 de setembro
09:30 – 10:00 Inauguración por parte de autoridades e de organizadores
10:00 – 11:30 Primera sesión científica (3 relatorios que determinará a organización)
11:30 – 12:00 Descanso. Café. Convite da organización
12:00 – 13:30 Segunda sesión científica (3 relatorios que determinará a organización)
13:00 – 16:00 Xantar (libre)
16:00 – 17:30 Terceira sesión científica (3 relatorios que determinará a organización)
Propostas de comunicación aceptadas
Galicia Nomeada: toponimia colaborativa
Vicente Feijoo Ares
Últimos avances no Nomenclátor Xeográfico de Andalucía
Mª Teresa Garrido Borrego
A toponimia en mapas antigos como ferramenta para trazar a súa liñaxe: A transmisión do topónimo “Elcano” na cartografía dos séculos XVI-XVII
Marcos F. Pavo López
O nomenclátor xeográfico das Illes Balears e el visor de xestión, actualización e consulta
Eulàlia Fons Carbonell
Innovacións no Nomenclátor do INE
Mª Natalia Fojo Diaz
Elaboración da segunda edición das Directrices toponímicas de uso internacional para editores de mapas, cartas náuticas y otras publicaciones
Maite Mollà Villaplana
Proceso de normalización da toponimia xeográfica no Principado de Asturias
Juncal Mónica García Velasco
O novo visor do Nomenclátor Geográfico Nacional
Angélica Castaño Suárez
Esta xornada está dirixida ao público en xeral co interese no tratamento dos nomes xeográficos. A asistencia é gratuíta previa inscrición, ata completar o aforo. O prazo para anotarse remata o 11 de setembro de 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Marga Tojo imparte no IES A Pobra do Caramiñal dous novos obradoiros de alfabetización mediática

26/11/2026
Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?