Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia Nomeada será unha das grandes protagonistas da VI Xornada da Comisión de Nomes Xeográficos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia Nomeada será unha das grandes protagonistas da VI Xornada da Comisión de Nomes Xeográficos

S. P.
Publicado: 02/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galicia-nome93bd-be658.jpgA Cidade da Cultura acollerá o 21 de setembro a VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, organismo do Instituto Xeográfico Nacional no que participa a Real Academia Galega (RAG) xunto a outras institucións de todo o Estado. O encontro reunirá por primeira vez en Galicia algúns dos maiores expertos en toponimia e cartografía de España. A RAG e a Xunta colaboran na organización da cita, que se centrará na estreita relación existente entre os nomes xeográficos e mundo dixital. A escolla da nosa terra para ser a anfitrioa desta xuntanza de especialistas en cartografía e toponimia débese en parte á experiencia do portal Galicia Nomeada, a plataforma para a salvagarda do patrimonio inmaterial toponímico posto en marcha pola RAG e a Xunta (Consellería de Cultura, Secretaría Xeral de Política Lingüística), sendo xa un referente na colaboración entre institucións cunha base integramente dixital.
Como lembraremos, desde a súa estrea a finais de 2019, Galicia Nomeada aglutina nun mesmo espazo máis de medio millón de topónimos e microtopónimos xeolocalizados e dispoñibles para consulta, 60.000 deles achegados polas máis de 3.100 persoas colaboradoras inscritas na actualidade.
Galicia Nomeada será unha das protagonistas do programa, que contará tamén con voces expertas das diferentes comunidades autónomas que forman parte da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos para achegaren información sobre os traballos que ligan o mundo dixital coa toponimia nos seus ámbitos de actuación.
O público que desexe asistir pode inscribirse na ligazón específica habilitada ata o 11 de setembro.
O programa incluirá, entre outros relatorios, unha intervención sobre Galicia Nomeada a cargo do coordinador da unidade técnica de toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, Vicente Feijoo, que representa a RAG na Comisión Especializada de Nomes Xeográficos xunto á académica correspondente Luz Méndez; haberá distintas contribucións sobre a elaboración e a actualización dos nomenclátores xeográficos de Andalucía, Illes Balears, Asturias, o Instituto Xeográfico Nacional e o Instituto Nacional de Estatística a cargo de María Teresa Garrido, Eulàlia Fons Carbonell, Juncal Mónica García Velasco, Angélica Castaño Suárez, María Natalia Fojo Díaz, respectivamente; Maite Mollà Villaplana presentará un traballo sobre a elaboración da segunda edición das directrices toponímicas de uso internacional para editores de mapas, cartas náuticas e outras publicacións; e Marcos F. Pavo López falará sobre a toponimia en mapas antigos como ferramenta para trazar a súa liñaxe, deténdose na transmisión do topónimo “Elcano” na cartografía dos séculos XVI e XVII.
A Comisión Especializada de Nomes Xeográficos está integrada no Consello Superior Xeográfico e ten como misión impulsar a normalización dos nomes xeográficos no Estado, en coordinación cos diferentes organismos competentes do Estado e das comunidades autónomas. A comisión está formada por representantes de autoridades en nomes xeográficos da Administración xeral do Estado e das comunidades, expertos de universidades e das academias das linguas e doutras institucións relacionadas coa toponimia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?