Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza o traballo de DIXITEGA para crear a gran plataforma galega do sector cárnico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza o traballo de DIXITEGA para crear a gran plataforma galega do sector cárnico

S. P.
Publicado: 02/08/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

godixitega.jpgO proceso de dixitalización da cadea de valor da produción cárnica de IXP Ternera Gallega a través do proxecto DIXITEGA continúa este verán co proceso participativo durante o que se solicita información a unha mostra de responsables da produción, a industria e a distribución. O seguinte paso de DIXITEGA será crear unha plataforma tecnolóxica ao servizo do sector.
Entre xullo e agosto, entrevistarase a unha decena de representantes de entidades como Unións Agrarias, Asociación de Gandeiros Galegos de Suprema, da cooperativa Almoga, Coren, da Asociación Gallega de la Carne (ASOGACARNE), Asociación Gallega de Fabricantes de Alimentos Compuestos para Animales (AGAFAC), Gadisa, Vegalsa, así como propietarios de cebadeiros privados.
A maiores, IxP Ternera Gallega compartirá unha enquisa en liña con seus máis de 2.000 asociados para recoller as súas opinións.
Tras procesar os datos obtidos e detectar as necesidades, no outono dará comezo a terceira fase de traballo para comezar a crear e testear a plataforma tecnolóxica DIXITEGA. A ferramenta, que será presentada a finais de 2024, permitirá o acceso e manexo conxunto das fontes públicas e privadas relevantes para a cadea de valor da IXP Ternera Gallega e facilitará a toma de decisións a partir de datos contrastados.
Desta maneira, productores, cooperativas, industrias alimentarias, cadeas de distribuidores, organizacións agrarias, centros tecnolóxicos, grupos de investigación ou administracións públicas poderán interactuar e compartir información relativa ao custe das materias primas, evolución dos prezos, oferta e tipología dos animais dispoñibles para a comercialización, estatísticas de produción, sacrificio ou consumo, entre outras. “DIXITEGA”, informaron os responsables do proxecto, “mellorará a transparencia e a información útil compartida co consumidor final”.
Segundo os impulsores de DIXITEGA, o agrogandeiro segue a ser un dos sectores económicos con menor implantación das TIC, “isto a pesar de que a dixitalización da cadea de valor das producións cárnicas en Galicia é unha das necesidades perentorias para ser máis competitivos e sustentables, tanto económica como social e ambientalmente e, a maiores, cumprir os obxectivos do Pacto Verde Europeo e da Estratexia da Granxa á Mesa”.
Barreiras que marcan oportunidades
As entidades impulsoras do proxecto lembran que as principais barreiras detectadas para a transformación dixital en Galicia son o pequeno tamaño das explotacións e, en xeral, as escasas marxes das unidades produtivas e da industria cárnica, “que fan difícil acometer os investimentos”. Amais, tamén é unha desvantaxe a dificultade de acceso a datos públicos e privados; a existencia de fontes fiables e útiles; a falta de interoperabilidade da información e a dificultade das empresas tecnolóxicas para conectar cun sector altamente atomizado.
O obxectivo final de DIXITEGA será “achegar solucións prácticas e innovadoras que respondan a estas barreiras para fomentar a competitividade, a produtividade e a viabilidade dun sector estratéxico para o medio rural de Galicia”.
En xeral, o sector cárnico galego achega o 34% da PFA (Produción Final Agraria). Está formado por 43.000 explotacións e 192 industrias que facturan uns 1.400M€/ano e empregan a unhas 5.800 persoas. Representa, así mesmo, un papel esencial na xestión do territorio e na prevención dos incendios forestais.
En paralelo ao desenvolvemento da aplicación, organizaranse xornadas de formación para aprender a manexar a plataforma, consolidar o seu uso entre os axentes da cadea de valor e inserir novos datos que a manteñan actualizada.
O proxecto DIXITEGA articúlase a través dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación (AEI), co-financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
DIXITEGA conta cun orzamento de 176.329,19€ financiado pola Consellería do Medio Rural a través do Plan de Desenvolvemento Rural. Ademais da Fundación Juana de Vega (coordinadores), participan a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, o Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia, AGRIGGA Carne SCG e a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?