Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra Feminismos 4.0 subvenciona seis investigacións centradas na esfera dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra Feminismos 4.0 subvenciona seis investigacións centradas na esfera dixital

S. P.
Publicado: 04/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_catedra_feminismos-2.jpgA Cátedra Feminismos 4.0, que impulsan a UVigo e a Deputación de Pontevedra, acaba de dar a coñecer os seis proxectos que recibirán financiamento ao abeiro da súa convocatoria de axudas de investigación de 2023, que se repartirán un total de 30.000 euros. A contorna dixital, as redes sociais e as aplicacións terán un gran protagonismo nestas propostas, de feito a metade dos traballos seleccionados xiran arredor deste tipo de temáticas. Isto entronca coa actividade primordial da cátedra, nada en 2019, que ten como finalidade a promoción da igualdade no ámbito dixital e nas disciplinas STEAM,
Nesta convocatoria correspondente ao ano 2023, o comité avaliador decidiu outorgar a puntuación máis alta á proposta da profesora Iria Vázquez Silva, do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, para o deseño dunha aplicación móbil que permita mellorar a atención e coordinación en violencia de xénero. Este proxecto recibirá unha achega de 6000 euros.
A proposta de Ana Isabel Rey Cao, do Departamento de Didácticas Especiais, foi a que obtivo a segunda mellor cualificación. A docente centrarase no uso das tecnoloxías dixitais para a promoción da saúde, en concreto realizando unha adaptación do cuestionario SaludDigitalEdu á poboación adolescente galega e recibirá unha subvención de 5.654 euros.
Outra das investigación que se porán en marcha estará coordinada por Luis Xabier Martínez Rolán, profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, e consistirá nunha análise da toxicidade e as violencias machistas en redes sociais, para o cal realizará un estudo cualitativo entre o alumnado da UVigo, contando cunha subvención de 5465 euros.
Un cuarto proxecto centrarase en realizar un estudo exploratorio do hábitat igualitario da cidade de Pontevedra. Esta liña de traballo estará liderada pola profesora Silvia Pérez Freire, do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, que recibirá unha axuda de 5023 euros.
A comisión avaliadora tamén aprobou unha axuda de 4083 euros para a proposta de María Concepción Paz Penín, do Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos e directora do centro de investigación CINTECX, para elaborar unha guía operativa que incorpore a perspectiva de xénero á investigación no eido tecnolóxico-industrial.
Finalmente, nesta convocatoria tamén se seleccionou o proxecto de Rocío Hernández Arias, do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura, titulado A outra cara da edición feminina en Galicia: ilustradoras, maquetadoras e tradutoras no século XXI, que recibirá unha achega de 3769 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?