Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Habilitado un visor web con información cartográfica do territorio regulado pola Lei de Ordenación Territorial do Litoral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Habilitado un visor web con información cartográfica do territorio regulado pola Lei de Ordenación Territorial do Litoral

S. P.
Publicado: 07/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

visor_faro.jpgA Xunta vén de habilitar un visor web a través do que cidadanía, empresas e administracións poderán acceder a información cartográfica do territorio regulado pola Lei de Ordenación do Litoral de Galicia, que entrou en vigor recentemente. Esta ferramenta dixital, desenvolvida polo Instituto de Estudos do Territorio (Consellería de Medio Ambiente) permitirá aos usuarios coñecer de primeira man tanto a área na que se localizan os terreos do seu interese como os usos permitidos.
mapa_litoral_galicia.jpgDeste xeito, o visor web ofrece un mapa cun nivel de zoom de detalle establecido a 1:2000 e que contén a Base Topográfica de Galicia como fondo de referencia sobre a que se superpoñen as capas dos diferentes ámbitos recollidos na Lei de ordenación.
Así, a Área de Protección Ambiental (APA), que é aquela con características naturais singulares e valores ambientais excepcionais que deben ser especialmente protexidos, inclúe a zona comprendida entre a liña de 12 millas náuticas ata a liña de ribeira de mar -espazo marítimo-terrestre comprendido entre a liña de máxima baixamar viva e o límite ata o que chegan as ondas nos temporais máis grandes coñecidos- e os espazos naturais protexidos (parques naturais, humidais protexidos, Rede Natura, monumentos naturais, e paisaxes protexidas, entre outros).
Na Área de Reordenación (ARA), o mapa ofrece capas coa delimitación dos solos urbanos e dos núcleos rurais, en base aos datos dispoñibles no Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia (Sioutuga); coas zonas de servizo de cada un dos portos de titularidade autonómica, e coas liñas do dominio público marítimo terrestre. Cómpre lembrar que esta área reúne os espazos transformados pola acción urbanizadora e espazos degradados, de difícil ou imposible re-naturalización, que esixen accións de reordenación, orientadas a non agravar o deterioro, a humanizar os espazos e renovar os elementos e o seu entorno.
E, no que respecta á Área de Mellora Ambiental e Paisaxística (AMAP), contén os espazos non incluídos nas anteriores zonas.
A maiores, o visor web tamén incorpora unha sección coas áreas recollidas no Plan de Ordenación do Litoral (POL), como, por exemplo, os espazos de interese paisaxístico ou xeomórfico, os corredores ecolóxicos ou as áreas intermareal e costeira.
Coa posta en marcha deste visor dáse cumprimento á disposición final terceira da Lei do litoral de Galicia, na que se recolle que a información cartográfica necesaria para a aplicación desta norma estará dispoñible no enderezo electrónico da consellaría con competencias en materia de medio ambiente.
Superficie regulada pola lei de ordenación do litoral No marco dos traballos para desenvolver este visor web tamén puido establecer a superficie total comprendida no marco regulatorio da lei de ordenación e xestión integrada do litoral. Son 1.613.481 hectáreas, das que 531.341 ha son terrestres e 1.082.140 ha, mariñas.
Tamén se estableceu o territorio que abarca cada unha das áreas determinadas pola devandita lei. Deste xeito, a Área de Protección Ambiental comprende un ámbito de 1.137.037 hectáreas -1.080.985 ha mariñas e 56.052 ha terrestres-, mentres que a Área de Reordenación abarca 58.726 hectáreas e a de Mellora Ambiental e Paisaxística inclúe 417.718 hectáreas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?