Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 250.000 persoas visitaron os Museos Científicos Coruñeses desde inicios de ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 250.000 persoas visitaron os Museos Científicos Coruñeses desde inicios de ano

S. P.
Publicado: 07/08/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

museos_cientificos_coruneses-2.jpgNo que vai de ano, 252.056 persoas visitaron as instalacións dos Museos Científicos Coruñeses, un servizo do Concello da Coruña que comprende tres museos de ciencia interactivos: a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. En termos comparativos, esa cifra supón un incremento do 24 % con respecto ao número de visitantes rexistrado para o mesmo período no ano pasado, entre inicios de xaneiro e finais de xullo (cando se contabilizaron 203.296 visitantes, segundo datos achegados pola alcaldesa, Inés Rey, que subliñou que “o equipo de profesionais dos Museos Científicos Coruñeses leva a cabo unha labor primordial de divulgación entre o público de todas as idades”.
Ademais, a rexedora remontouse no tempo, para lembrar o caso da Casa das Ciencias, “que no 1985 converteuse no primero museo público interactivo de España, e abriu camiño á rede de Museos Científicos Coruñeses, que é un orgullo para a nosa cidade”.
Volvendo aos datos deste ano, e xa polo miúdo, no desglose de cifras por cada instalación destaca o aumento de afluencia nas instalacións dos Aquarium Finisterrae, no que se contabilizaron 133.293 visitantes no que vai de ano. Marcos Pérez Maldonado, director dos Museos Científicos Coruñeses, indicou que “neste primeiro semestre de ano, as cifras relativas ao Aquarium foron moi boas, grazas ao éxito da campaña escolar e á boa afluencia do público local. No verán mantemos esa tónica, pero a visita segue sendo cómoda porque a nosa prioridade sempre é que a experiencia do público sexa gratificante”.
Ademais, tamén nestes primeiros sete meses de 2023, detectouse un incremento de visitas na Domus, cun balance de 65.946 persoas rexistradas, superando amplamente o dato parcial para o mesmo período do ano pasado: entre xaneiro e xullo de 2022 contabilizáronse 47.077 visitantes.
Por outra banda, no que vai de ano, na Casa das Ciencias rexistráronse 53.267 visitantes, superando tamén o dato parcial para o mesmo período no 2022, cando pasaron polo museo 44.766 persoas.
No referente ás cifras específicas deste mes de xullo de 2023, no Aquarium Finisterrae contabilizáronse 28.890 visitantes (foron 24.787 en xullo de 2022); na Domus rexistráronse 10.071 visitantes (foron 8.743 en xullo de 2022); e pola Casa das Ciencias pasaron 8.200 persoas (en xullo do ano pasado foron 7.218).
O horario de verán dos Museos Científicos Coruñeses esténdese ata o 31 de agosto
A inicios de xullo, os Museos Científicos Coruñeses deron comezo ao seu horario de verán, que se estenderá ata o xoves 31 de agosto. Ata entón, abrirán as súas portas desde as 10.00 ata as 20.00 horas, aínda que o acceso pechará ás 19.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 19.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus.
Os tres museos contarán, ademais, cunha programación especial de sesións de planetario, actividades e proxeccións audiovisuais. A información completa está dispoñible a través da web municipal de Museos Científicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?