Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A comarca de Ferrol achega ás mulleres formación en reparación de móbiles e xestión de comunidades virtuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A comarca de Ferrol achega ás mulleres formación en reparación de móbiles e xestión de comunidades virtuais

S. P.
Publicado: 09/08/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

community_manager-5.jpgO Programa Integrado de Emprego (PIE) da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol achegou un novo prazo de inscrición para a súa formación dirixida a mulleres desempregadas dos municipios da bisbarra. En concreto, quedan vacantes para os para os itinerarios de Cociña (Cociña colectiva e Cociña vexetariana), Reparación de teléfonos móbiles e Agricultura ecolóxica. Poden inscribirse mulleres dos seguintes concellos: Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño.
Así mesmo, aínda que se iniciou hai uns días, aínda é posible anotarse na especialidade de Xestión de comunidades virtuais, do itinerario de Community Management. Á parte da formación sinalada, o Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol ofrece a posibilidade de realizar outras accións formativas que axuden ás usuarias a aumentar a súa empregabilidade: obradoiros de técnicas de busca de emprego, manipulación de alimentos, alfabetización informática e Internet, conversa en inglés, redes sociais e dispositivos dixitais, ferramentas de adestramento (coaching), entrevistas de selección de persoal e habelencias sociais.
As inscricións poden tramitarse a través dos números de teléfono 613 108 530 ou 613 108 535 e tamén do correo electrónico piemancomunidade@ferrol.es. As participantes recibirán unha bolsa consistente en 7 euros por día de asistencia ás accións formativas do programa e contarán con medidas favorecedoras da conciliación no caso de ser preciso.
O obxectivo do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol 2022/2023 é “achegar ferramentas ás participantes de xeito que melloren a súa empregabilidade e logren a inserción laboral”. Entre os obxectivos cuantitativos está o de acadar un mínimo do 35% de inserción laboral das persoas participantes, feito para o que se combinan as diferentes accións formativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?