Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 3º Plan Único levará a banda larga a preto de 10.000 familias e empresas das nosas zonas rurais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 3º Plan Único levará a banda larga a preto de 10.000 familias e empresas das nosas zonas rurais

S. P.
Publicado: 09/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

programa_unico_banda_ancha_larga_galicia.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, achegou detalles sobre a terceira convocatoria do programa Único-Banda Larga, o novo impulso do Goberno de Pedro Sánchez para completar a conectividade dixital ultrarrápida do territorio galego, a través do cal, dixo, levarase a conexión a Internet mediante fibra óptica a 9.429 familias e empresas de zonas rurais e remotas da comunidade.
Pedro Blanco puxo en valor a terceira convocatoria, xa aberta, do programa que xestiona o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais. Esta liña, engadiu, reserva para Galicia un total de 19,7 millóns de euros que se destinarán financiar os proxectos de conexión necesarios para acadar o obxectivo de conectividade proposto.
O delegado do Goberno destacou do programa Único que, de entre as liñas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, é o “que máis impacto ten sobre o territorio e a cidadanía pois beneficia á totalidade dos concellos de Galicia achegando un servizo esencial para a súa poboación como é a cobertura ultrarrápida de acceso a Internet”. Ademais, lembrou que “é un elemento estratéxico das políticas de reto demográfico como un dos eixes centrais de acción do Goberno”.
Pedro Blanco sinalou que a convocatoria de 2023 dá continuidade ás postas en marcha en 2021 e 2022, que xa están en execución.
Tamén explicou que sumando os proxectos en marcha ao que se executarán coa actual convocatoria, “o Goberno achegará a conexión ultrarrápida a internet mediante fibra a 236.154 fogares e empresas de Galicia antes da fin de 2025”. En total, as tres convocatorias supoñen un investimento de 90,9 millóns de euros.
Por provincias, na Coruña o programa conectará a 54.685 fogares e empresas cun investimento do Goberno de 21,4 millóns de euros. En Lugo, estenderase a fibra a 80.503 fogares e empresas con 27,1 millóns de euros. En Ourense, beneficiaranse 57.056 fogares e empresas para o que Goberno achegará 23,6 millóns de euros. Por último, na provincia de Pontevedra dotarase desta tecnoloxía a 43.910 fogares e empresas, cun investimento estatal de 18,8 millóns de euros.
A terceira convocatoria abriuse o pasado luns e permanecerá aberta ata o vindeiro 15 de setembro. Ata esa data, as empresas de telecomunicacións poderán presentar as súas propostas.
O Goberno subvenciona en Galicia o 80% do custe dos proxectos, que, en palabras de Pedro Blanco “son un exemplo de colaboración público-privada, xa que as empresas achegan o que resta ata a totalidade do custo destas actuacións”. Os proxectos deberán estar finalizados antes do 31 de decembro de 2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?