Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilagarcía ofrece cursos gratuítos de pilotaxe de drons, realidade virtual e impresión 3D a partir de setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilagarcía ofrece cursos gratuítos de pilotaxe de drons, realidade virtual e impresión 3D a partir de setembro

S. P.
Publicado: 10/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

impresion_3d_prototipado.jpgA Concellería de Formación e Emprego de Vilagarcía organiza tres novas actividades incluídas na programación de Inclusión e Capacitación Dixital promovida polo Concello. Trátase de cursos básicos de iniciación de pilotaxe de drons, impresión 3D e Realidade Virtual que se impartirán a partir de setembro nas dependencias da aula CEMIT do Centro de Formación de Matosinhos. Están dirixidos a persoas de 18 anos en diante, a participación é de balde e ofértanse 20 prazas en cada actividade. Os interesados deben inscribirse no Centro de Matosinhos de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas.
O Curso sobre conceptos básicos para pilotos de drons ten unha duración de 20 horas nas que os asistentes recibirán formación sobre o marco legal que regula esta actividade, sobre os principios xerais do voo con este tipo de vehículos non tripulados e sobre os procedementos operacionais. Tamén se realizarán sesións prácticas.
Os outros dous cursos teñen un temario a desenvolver en 15 horas lectivas cada un. No de Introdución á tecnoloxía de impresión 3D o alumnado abordará aspectos relativos ao software de modelado e aos materiais a utilizar e farán probas de impresión e validación.
Por último, no curso de Iniciación á realidade virtual as persoas participantes recibirán uns conceptos básicos a modo de introdución, coñecerán os usos desta tecnoloxía e a utilidade e funcionamento das gafas de Realidade Virtual, que tamén poderán probar.
Outros 17 cursos sobre o uso das TIC
A maiores do devandito, a Concellería que dirixe Álvaro Carou ofrece aos vilagarciáns máis actividades de formación tecnolóxica. De feito, estanse a impartir novos cursos das 17 accións formativas do programa de inclusión e capacitación dixital correspondente ao ano 2023, aos que os interesados poden inscribirse acudindo ao mesmo Centro de Formación de Matosinhos. Tamén son cursos gratuítos que se adaptan ao nivel de coñecemento dos participantes e ao manexo das novas tecnoloxías dos alumnos. Están pensados tanto para romper a fenda dixital e facilitar o uso cotiá destas ferramentas TIC ás persoas que por falta de coñecementos ou medios non saben desenvolverse nelas, como para avanzar máis aló ofrecendo a formación necesaria para a procura e mellora de emprego. A carta ofertada inclúe diferentes temáticas entre as que os participantes poden elixir dentro de cinco grandes bloques: Inclusión Dixital, Ofimática en Software Libre, Orientación ao emprego, Capacitación avanzada e ferramentas TIC e Administración Electrónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?