Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A patronal rianxeira fai balance positivo da súa aplicación móbil, activa dende maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A patronal rianxeira fai balance positivo da súa aplicación móbil, activa dende maio

S. P.
Publicado: 11/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

are-app.jpgA Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) fixo un novo balance da actividade xerada pola súa aplicación móbil, Máis Rianxo, unha ferramenta segundo informa a patronal foi quen de “revolucionar a maneira de comprar e aforrar no municipio”. A app activouse en maio da man da ARE e dende aquela non parou de medrar coa incorporación de novos establecementos asociados. Trátase dun instrumento que contribúe a captar clientes e a manter no tempo aqueles cos que xa se contaba, sinala a ARE, que salienta a importante participación comunitaria posta en xogo arredor da aplicación.
En definitiva, a ferramenta destaca por “ofrecer aos clientes unha maneira única de aforrar mentres fomentan o desenvolvemento económico da vila”, apunta fontes da ARE, que recorda que o funcionamento da mesma é simple pero efectivo: “Con cada compra que se realiza nos negocios adheridos, as persoas usuarias acumulan unha porcentaxe de saldo que poderán empregar en futuras compras. Cada establecemento terá o seu propio saldo específico, que os clientes poderán usar para
aforrar nas súas compras futuras. O saldo dispoñible está listo para ser consultado en calquera momento directamente dende a app, ofrecendo aos usuarios unha visión clara das súas oportunidades de aforro”.
Dende a ARE tamén destacan que a aplicación “vai moito máis aló do simple aforro”, achegando “unha experiencia completa de compromiso coa comunidade e co comercio local”. Deste xeito, ademais de acumular saldo coas súas compras, os usuarios tamén terán acceso a sorteos, bonos e promocións especiais. Tamén, a través da app poderán manterse informados sobre eventos, actividades, ofertas e promocións en tempo real. “Isto”, explican dende a patronal, “non só enriquece a experiencia do cliente, senón que tamén reflicte o compromiso continuo da ARE e os seus socios coa súa comunidade”.
A resposta da veciñanza
A asociación fai saber que “a resposta dos usuarios está a ser moi positiva desde o lanzamento da app”, que está dispoñible para todas as persoas que desexen aforrar mentres compran e apoian aos comercios locais. Os usuarios poden descargar a aplicación de forma gratuíta desde App Store ou Google Play.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?