Instagram está a estear novas funcionalidades, sendo a máis visible de todas a posibilidade de engadir música aos carruseis fotográficos, ou sexa, que despois de escoller un conxunto de fotografías para publicar en conxunto, podemos escoller unha canción que se escoitará mentres o usuario as vexa, dun xeito semellante a como acontece co adhesivo de música nas historias.
Outro cambio bastante importante é que, cando facemos unha publicación, un carrusel ou un reel, podemos engadir a outros usuarios como colaboradores, para que o contido apareza publicado na nosa conta e na das persoas citadas, o que ata o momento limitábase a un colaborador, pero que agora ábrese ata tres usuarios, de xeito que as colaboración poden chegar a un público máis amplo.
Tamén destacan que o adhesivo de Agora ti está dispoñible nos Reels, facilitando que os artistas poidan instar aos seus seareiros a desatar a súa creatividade e así conectar mellor con eles (xa que o artista pode elixir as súas respostas favoritas, o que supón un recoñecemento que moitos afeccionados agradecerán).
Instagram engade música aos carruseis de imaxes
Compartir Este Artigo

