Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os días 26 e 27 de agosto celébrase en Pontevedra unha nova edición do Lérez Up
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os días 26 e 27 de agosto celébrase en Pontevedra unha nova edición do Lérez Up

S. P.
Publicado: 14/08/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

super_smash_fyrm2vuxoaiwiql_lerez_up_pontevedra.jpgO Recinto Feiral de Pontevedra vai servir de escenario á segunda edición do encontroLérez Up, os días 26 e 27 de agosto no Recinto Feiral da cidade, un acontecemento xuvenil, participativo e formativo que pon o foco na confluencia entre videoxogos, xogos de mesa e cultura manga e anime, entre outros estilos, formatos, linguas e disciplinas. O evento, co-organizado polo Concello, ten para esta segunda edición o mellor dos precedentes: o éxito da edición do pasado verán, no que conseguiu xuntar a máis de 3.500 seareiras e seareiros do ámbito gamer. Podemos consultar todo o relativo ao encontro Lérez Up na súa web.
Participaron na presentación, este luns 14 de agosto, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da edil de Novas tecnoloxías, Anabel Gulías, e as portavoces da asociación Gaming Troop, organizadora principal do evento (Rocío Fernández e Sonia Piñeiro).
lerez_up_2023.jpgNo programa destacan os torneos (por exemplo os do League of Legends, Smash Bros ou Valorant) e desafíos arredor de Tekken 7, Switch Sports, Mario Strikers, Street Fighter 6 ou Teamfight Tactics, entre outros. Tamén haberá un concurso Cosplay, no que se vai distinguir a máis meritoria caracterización dun personaxe, tendo en conta a súa actuación, vestimenta e representación. No programa tamén cómpre salientar os máis de 60 postos de creadores do mundo gamer. unha zona indie na que se fará promoción de novos videoxogos desenvolvidos por estudos non maioritarios e unha axenda de charlas sobre temáticas diversas na que participarán artistas como Paula Cheshire, Victor Develops, Luzbel ou AngryYuna.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?