Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Programa Xeración Dixital axudará ás pemes galegas a gañar competitividade e mercados (a partir de setembro)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Programa Xeración Dixital axudará ás pemes galegas a gañar competitividade e mercados (a partir de setembro)

S. P.
Publicado: 16/08/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

programa_xeracion_dixital_pemes-3.jpgVigo, Coruña e Santiago van acoller a partir de setembro unha serie de actividades formativas para favorecer a transformación tecnolóxica das pemes e incrementar a súa presenza nos mercados exteriores. Estas actividades abéiranse ao Programa Xeración Dixital Pemes, iniciativa liderada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que tamén ten o obxectivo, en última instancia, de incrementar a competitividade das pequenas e medianas empresas a través da dixitalización.
O programa conta co apoio de entidades tan destacadas como o do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) ou o da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) a través do seu convenio con Galicia Business School.
Poden participar profesionais de empresas con equipos laborais de entre 10 e 249 traballadores. O programa, valorado en 6.000 euros, achega formación e capacitación de balde grazas ao financiamento do fondo Next Generation UE.
O programa consta de 146 horas, das que 40 serán presenciais podendo escoller entre Vigo, Coruña ou Santiago de Compostela, e o resto impartiranse a través dunha plataforma dixital. O inicio das sesións está marcado para setembro.
O Programa Xeración Dixital Pemes está deseñado especificamente para directivos e empresarios de pequenas e medianas empresas galegas que buscan afrontar os desafíos da era dixital e potenciar a competitividade dos seus negocios.
Ao longo deste programa, os participantes aprenderán de expertos na materia, quen lles proporcionarán as ferramentas e coñecementos necesarios para abordar a transformación dixital nas súas empresas de maneira eficiente e efectiva. Os módulos abranguen temas cruciais, como a adaptación ao contexto dixital, a mellora da experiencia do cliente, a implementación de tecnoloxías emerxentes e a xestión do cambio nas súas organizacións.
O programa ten unha duración de 146 horas totais, repartidas en 136 horas de clases grupais e 10 horas de mentoring ao longo de 3 meses. Deste total, 40 horas serán en presenza, nun dos moitos puntos de encontro para directivos repartidos por toda Galicia. Conformaranse distintos grupos con distintos horarios, atendendo ás necesidades de cada zona xeográfica. As primeiras convocatorias serán como dixemos en setembro de 2023, na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Ademais, os alumnos de Galicia Business School terán acceso a contidos adicionais sobre o último en management e innovación a través da plataforma Gestor Focus, o hub de coñecemento empresarial.
O programa conta coa seguinte estrutura:
A empresa na economía dixital.
Transformando a experiencia do cliente.
Habilitando tecnoloxicamente a transformación.
Xestionando o cambio.
Casos de uso sectoriais.
Plan de transformación dixital da empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?