Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo combaterá co WhatsApp a violencia de xénero nos centros docentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo combaterá co WhatsApp a violencia de xénero nos centros docentes

S. P.
Publicado: 16/08/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

imaxe_de_arquivo_da_alcaldesa_de_lugo_e_a_concelleira_de_cohesion_social.jpgO Executivo de Lara Méndez porá en marcha este próximo curso escolar un servizo de asesoría en liña a través do que se prestará asistencia e apoio en materia de igualdade e violencia de xénero ao alumnado dos catro cursos de ESO e FP, así como á comunidade estudantil de 5º e 6º de Educación Primaria. A iniciativa enmarcase dentro do Programa Socioeducativo de Prevención das Violencias Machistas ao que poden adscribirse todos os centros escolares do municipio.
“O obxectivo desta innovadora medida é detectar diferentes manifestacións da violencia de xénero, especialmente as máis invisibles e sutís, ofrecendo un punto de asesoramento inmediato e información en liña a través da aplicación WhatsApp, aproveitando así a enorme instauración desta canle entre a mocidade”, sinalou Ana González Abelleira, responsable da área de Cohesión Social.
Segundo lembrou a edil, o Programa vense realizando, co actual formato, dende 2016. No pasado curso participaron 6 dos 9 institutos da cidade e 11 colexios dun total de 14. “Cremos firmemente que a coeducación é o mellor instrumento para a promoción dun proceso de transformación social que cemente as bases dunha sociedade onde a igualdade sexa real e efectiva. Dende esta base, o programa está deseñado cunha tripla perspectiva: transversal, multidisciplinar e integradora”, explicou González Abelleira, que destacou que o contido educativo adáptanse a cada nivel de idade.
Segundo fixo saber, a asesoría en liña non é a única novidade introducida polo Goberno de Lara Méndez para este curso: “A comunidade escolar contará tamén cunha asesoría presencial que cumpre os mesmos obxectivos e que diversifica as opcións que a mocidade ten para acceder á información ou solicitar axuda”, sinalou.
De forma complementaria, organizaranse xornadas de sensibilización dirixidas ao profesorado e ás familias do alumnado daqueles centros que así o soliciten. Ademais, durante os recreos ou titorías, dependendo das necesidades de cada centro, o Concello instalará Puntos Violetas Itinerantes para detectar manifestacións sexistas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?