Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede galega de polos de emprendemento e apoio ao emprego acadará este ano os 15 centros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede galega de polos de emprendemento e apoio ao emprego acadará este ano os 15 centros

S. P.
Publicado: 17/08/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

computador_p3c90-3defa-3-2.jpgA Xunta fixo balance da actividade xerada pola súa rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Segundo informou, a rede leva asesorado case medio milleiro de proxectos. A día de hoxe, conta con oito centros activos en Galicia que se converterán en quince ao final deste ano. En total, arredor de 500 persoas emprendedoras (o 60% delas mulleres) teñen recibido preto de 1.500 titorías para sacar adiante as súas iniciativas, entre as que destacan as relacionadas co comercio, coa hostalaría ou coa agricultura, a gandaría e a pesca. Tamén salientan por achegar formación transformadora (tecnolóxica).
Por provincias, A Coruña supera os 200 proxectos atendidos, entre os que salientan os referidos ao comercio e á agricultura, seguidos dos educativos ou relacionados con actividades sanitarias e de servizos sociais. En Lugo, superan o cento de iniciativas, de sectores como a hostalaría, o comercio ou as actividades artísticas e de entretemento.
Mentres, en Pontevedra aproxímanse ao cento de proxectos, relativos ao comercio ou á agricultura e gandaría. Por último, en Ourense achéganse tamén ás cen iniciativas, principalmente destinadas á hostalaría, ao comercio ou ás actividades artísticas e recreativas.
A rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego é unha iniciativa para “dinamizar o territorio a través da creación de emprego de calidade e do asentamento da poboación”. Fornece de asesoramento individualizado ás persoas emprendedoras de Galicia en calquera fase que se atope o seu proxecto empresarial, de principio a fin. Nese senso, dos case 500 proxectos asesorados, máis de 400 atópanse activos nestes momentos.
Actualmente, están operativos oito polos: Costa da Morte, Rías Altas e Arco Ártabro, A Mariña, Montaña Lucense, Lugo Sur, Pontevedra Norte e Rías Baixas, Miño Central e Ourense Centro e Sur. O obxectivo é “convertelos en verdadeiros centros de dinamización dos territorios nos que se asentan, erixíndoos en auténticos foros de interlocución que permitan recoller as demandas da súa poboación e dar resposta desde a Administración coa colaboración do sector privado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?