Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa de emprego de Dodro e os seus concellos lindeiros pon o foco nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa de emprego de Dodro e os seus concellos lindeiros pon o foco nas TIC

S. P.
Publicado: 17/08/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

programa_emprego_dodro.jpgOs Concellos de Dodro, Rois, Rianxo, Valga, Pontecesures e Padrón impulsaron nesta tempada 2022-2023 unha iniciativa conxunta para favorecer a empregabilidade da veciñanza dos distintos termos municipais. O Programa Integrado de Emprego de Dodro, no que colaboran os ditos concellos, está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). A iniciativa proseguiu este verán a súa actividade poñendo o foco na formación tecnolóxico-dixital das persoas participantes (busca activa de emprego mediante as TIC e trámites coas administracións).
programa_emprego_dodro_2.jpgNo PIE participan 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos concellos de Rianxo, Padrón, Valga, Rois, Pontecesures e Valga, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, que se benefician dun conxunto de accións múltiples que teñen como finalidade “a mellora da empregabilidade das persoas usuarias a través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral”.
As actividades inclúen entrevistas individuais de orientación e asesoramento laboral (a cargo da orientadora laboral do programa nas sedes dos seis concellos) e as seguintes accións formativas levadas a cabo este verán:
programa_emprego_dodro_3.jpg -Curso de Busca activa de emprego mediante o uso das TIC, de 10 horas de duración, realizado no Auditorio de Rois do 8 ao 9 de xuño.
-Curso de Trámites online coa Administración de 15 horas de duración, realizado no Auditorio de Rianxo do 19 ao 21 de xuño.
-Curso de Condución de carretilla elevadora, de 30 horas de duración, realizado no Auditorio de Rianxo do 10 ao 15 de xullo.
-Curso de Prevención de riscos laborais no posto de traballo de peón agrícola, de 20 horas de duración, realizado na Escola Avelino Abuín de Tembra en Imo (Dodro) do 19 ao 21 de xullo.
-Curso de Inglés orientado á restauración e turismo, de 60 horas de duración, impartíndose na actualidade na Casa da Cultura de Dodro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?