Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os nosos centros de FP disporán de 42 espazos de tecnoloxía aplicada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os nosos centros de FP disporán de 42 espazos de tecnoloxía aplicada

S. P.
Publicado: 21/08/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

tecnoloxia_educacion.jpgOs centros de FP galegos van contar o vindeiro curso cun total de 85 aulas de emprendemento e 42 espazos de tecnoloxía aplicada. O obxectivo desta ampliación impulsada pola Consellería de Cultura e Educación é “mellorar as perspectivas laborais dos estudantes, fomentando o emprendemento e facilitándolles o contacto con elementos e ferramentas tecnolóxicas que se empregan nas empresas”. O investimento será 1,2M€. As dúas iniciativas abéiranse á Estratexia FP Galicia 2030 e o Plan Innova FP Galicia.
No caso das aulas de emprendemento, cada unha delas (tanto as novas como as 60 que xa estaban en funcionamento) reciben unha achega da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades de 5.000€. Son un total de 25 as que se incorporan para o vindeiro curso en concreto as reflectidas na seguinte listaxe: IES de Arzúa, IES As Mariñas (Betanzos), IES Fernando Blanco (Cee), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Agra do Orzán (A Coruña), IES A Sardiñeira (A Coruña), IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña), IES de Curtis (A Coruña), IES Macías o Namorado (Padrón), IES Lamas de Abade (Santiago), IES A Pontepedriña (Santiago), IES Leliadoura (Ribeira), IES de Fene, IES Monte Castelo (Burela), IES Sanxillao (Lugo), IES Manuel Chamoso Lamas (Carballiño), IES de Rodeira (Cangas), IES da Cañiza, IES Chan do Monte (Marín), IES Escolas Proval (Nigrán), IES Plurilingüe Pedra da Auga (Ponteareas), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui), IES Ricardo Mella (Vigo) e IES A Guía (Vigo).
A través deste programa, desenvólvense actividades que fomenten e canalicen as iniciativas emprendedoras do alumnado do centro educativo, e en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos, mediante un sistema de orientación, guía e titoría das ideas emprendedoras aportadas polo propio alumnado. O frécese soporte administrativo e técnico para as primeiras fases dun proxecto emprendedor que é, segundo indica a Consellería, “semellante ao dun marco de desenvolvemento dunha startup, xunto co asesoramento e axuda necesarios para poñer en marcha o seu proxecto empresarial”. De acadar un nivel de madurez suficiente para a súa posta en marcha, faranse as xestións necesarias para a súa integración nun viveiro da Rede de viveiros de empresa do programa Eduemprende.
Simulación das contornas laborais
A través do programa de espazos de tecnoloxía aplicada, dótase aos centros de FP de ferramentas e “elementos que simulan as contornas laborais, nas que se poden empregar metodoloxías baseadas en proxectos ou retos próximos a cada sector produtivo, incorporando recursos apoiados en tecnoloxías dixitais tales como simuladores ou xemelgos dixitais”.
Para o vindeiro curso incorpóranse un total de 15 centros a esta iniciativa, os reflectidos na seguinte listaxe, que se suman aos 27 que xa desenvolvían o programa: IES de Arzúa, Aula Tecnolóxica Forestal; CIFP Ánxel Casal – Monte Alto, A Coruña, Espazo EduLab: Aprendizaxe 4.0; CIFP Someso, A Coruña, Hidro Dixital Wellness; CIFP Ferrolterra, Aula 5.0 para automatización, deseño e implementación de dixital twin e cobot; CIFP Compostela, Aula de Panadaría – Pastelaría Advance; CIFP Politécnico de Santiago, Laboratorio de ensaio de materiais; CIFP As Mercedes (Lugo), Shared Smarkt Classroom; CIFP Politécnico de Lugo, Dixitalización dunha RUMED na aula; IES María Sarmiento, Viveiro, Espazo de tecnoloxía aplicada en soldadura; IES Manuel Chamoso Lamas, O Carballiño, Aula de procesos automatizados; CIFP de Vilamarín, Aula tecnolóxica multisensorial; CIFP A Granxa, Ponteareas, Aula tecnolóxica de análise e procesado de produtos saudables e eco-sostibles; CIFP Montecelo, Pontevedra, Aula tecnolóxica Premium; CIFP Valentín Paz Andrade, Vigo, Aula da electromobilidade; e CIFP Fontecarmoa, Vilagarcía, Entorno virtual para electricidade.
Cada centro recibirá unha achega de 55.000€ que poderá ser destinada á adaptación dos espazos e á adquisición de equipamentos tecnolóxicos propios de distintos sectores produtivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?